Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Usuarios e fabricantes danlles maior importancia ós sistemas que proporcionan protección e confort en renuncia a outras prestacións
Se fixésemos un exercicio de memoria sobre as campañas de publicidade que contaron as bondades dos automóbiles nos últimos anos, descubririamos que se pasou de presentar coches rápidos e deportivos a primar a seguridade e a comodidade como principais valores. Este cambio da linguaxe evidencia un feito: usuarios e fabricantes outórganlles unha maior importancia ós sistemas que proporcionan protección e confort en renuncia a outras prestacións. Este proceso non é casual. Xunto á tráxica cifra de mortos nas estradas (arredor de 5.300 vítimas mortais no 2003 só en España, segundo a Dirección Xeral de Tráfico), as leis de seguridade viaria son cada vez máis estritas (ata penan a apoloxía publicitaria da velocidade) e a poboación tomou consciencia de que pisar demasiado o acelerador está directamente relacionado cos accidentes de circulación. Como consecuencia, desenvolvéronse sistemas cada vez máis eficaces de seguridade.
A seguridade divídese en dúas áreas:
A consideración da ergonomía (é dicir, a procura do deseño máis adecuado das máquinas ou dos obxectos para un mellor uso humano deles) como un sistema máis da seguridade conferiulle un tratamento preferente no deseño dos vehículos. Pero, en que repercute a ergonomía na seguridade dos vehículos? Os asentos xa non están subordinados á estética, e, ante todo, deben procurar comodidade, porque así aumenta a seguridade do ocupante; os paneis de control deben ser claros, pero tamén evitar distraccións; o maleteiro debe ser amplo, pero tamén facilitar meter cousas nel. Todo isto beneficia a condución e, se ben os adiantos máis sofisticados se atopan en modelos de alta gama, a súa extensión ós utilitarios máis sinxelos demórase cada vez menos.
A condución dun coche, aínda que sexa unha actividade moi usual, require un compromiso por parte de quen leva o volante. Esta persoa é responsable do manexo dunha máquina e, se viaxa acompañada, tamén o é dos ocupantes do vehículo. Por iso, a súa comodidade debe prevalecer. Esta comodidade é o que se define como ergonomía ou solucións ergonómicas, e pode dividirse en tres niveis: o primeiro ofrece solucións para a pilotaxe directa, como o equilibrio na colocación do asento, pedais e volante; o segundo ocúpase de ofrecer un acceso rápido e controlado ós instrumentos de navegación, como os interruptores das luces, a regulación dos espellos ou os axustes de temperatura; e o terceiro procura intuición e simplicidade no manexo doutras funcións alleas á condución pero non á viaxe, como a apertura e enchido do maleteiro ou o uso do equipo de son. Con maior ou menor desenvolvemento, cada un dos tres niveis funcionará se acada o que busca, o confort e benestar para garantir unha boa viaxe.
O usuario debe ser tamén un axente activo da ergonomía ó volante. Pouco pode facer ante a distribución do habitáculo, pero si está na súa man a elección do que mellor se adapte á súa fisionomía. Aínda que cada persoa ten un peso, unha complexión, unha altura e uns hábitos de condución propios, os enxeñeiros e deseñadores que desenvolven os modelos baséanse en estudos experimentais de datos antropométricos (medidas corporais) para universalizar os resultados e, aínda que o automóbil é un produto fabricado en serie, o abano de posibilidades de elección aumentou nos últimos anos.
Tome o tempo que cumpra para colocar o asento. Se o coche ten tres portas, opte de maneira habitual pola porta do copiloto para ocupar o asento de atrás, así evitará ter que regular o do condutor cada vez que sente.En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI