Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

Álbums virtuais: Fotografías compartidas en Internet

A rede ofrece varios modos de amosar as imaxes dixitais

  A imaxe dixital inclúe entre a súa lista de vantaxes a posibilidade de facer infinidade de copias (arquivos) das fotografías sen que iso supoña ningún desembolso adicional. Multiplica o modo de almacenar as imaxes (en discos duros, cd-rom ou DVD, impresas en papel, en dispositivos portátiles, Internet, etc.), á vez que facilita a súa distribución a familiares ou amigos sen que importe onde se atopen e de maneira case instantánea, ben a través do correo electrónico ou dunha páxina web.

Sen dúbida, o correo electrónico é o medio máis empregado para enviar imaxes a terceiros. Pero non é o mellor, polo menos se se pretende compartir unha gran cantidade de fotos. A vantaxe do correo electrónico é que se trata da maneira máis persoal de comunicarse por Internet e convértese no medio óptimo cando hai un único destinatario. Por suposto, é posible enviar a mesma mensaxe a varias persoas á vez, pero daquela dilúese a opción da personalización e vólvense máis interesantes outros xeitos de almacenar e compartir imaxes, como crear un álbum online ou unha páxina web.

Álbums de bits

No envío de fotos por correo electrónico nunca se debe esquecer o peso dos arquivos. Se non coñecemos a calidade da conexión dos destinatarios, mensaxes de máis de un megabyte (un par de fotos con boa resolución) poden ocasionarlles algún problema e que o noso correo sexa rexeitado polo seu. Por iso, se do que se trata é de mandar moitas fotos, resulta máis idóneo o uso dun sitio en Internet desde onde amosalas.

Numerosos sitios web, entre os que se atopan os grandes portais e mais os sitios de revelado on-line, ofrecen espazo gratuíto para aloxar imaxes nos coñecidos como álbums on-line. De xeito moi sinxelo e mediante un programa específico, os arquivos de imaxe sóbense desde o disco duro do PC a Internet para crear álbums virtuais onde almacenar e compartir imaxes. Normalmente, ofrecen a posibilidade de protexer o álbum cun contrasinal para restrinxir o acceso e unha capacidade limitada (no número de fotos e no seu tamaño) que se pode ampliar pagando unha cota mensual. A partir de aí, poden incluír diversos servizos, desde a opción clásica de revelar (imprimir) a foto e recibila na casa, ata outras como enviar a foto desde o móbil, crear foto-regalos (camisetas, cuncas, chaveiros, etc. decorados coas fotografías propias) ou enviar un CD por correo postal para que o sitio web se encargue de colocar todas as fotos no álbum virtual.

Os sitios especializados, como Shutterfly.com, Ofoto.com o Flickr.comhabitualmente son xenerosos no tocante ó espazo que ofrecen para as fotos e ferramentas, pero non sempre é así. Picturetrail.com, por exemplo, só regala espazo para 36 fotografías (ata 500 por 15 euros ó ano), pero si ofrece vista en diapositivas, estatísticas de visitas, música nos álbums, fondos, marcos, etc. Tamén facilita nunha mesma páxina a dirección onde se atopan as fotos (proporciona a dirección web de todas as fotos e mesmo xera o código HTML), algo útil para colocalas en calquera páxina web ou para enviar por correo electrónico a localización dunha única imaxe.

Un lugar no ciber espazo

Amais de utilizar estes sistemas específicos, pódese crear "de maneira manual" unha páxina web persoal onde ensinar fotografías e incluír todo tipo de contidos. Para iso, o usuario deberá empregar algún tempo para deseñar a súa páxina e ter algúns coñecementos de HTML ou polo menos do manexo dalgún editor de páxinas web, como Jalbum (www.jalbum.net), que fai este traballo de xeito automático. Unha vez desenvolvidas as páxinas, hai que contratar o espazo (hosting) onde enviar páxinas e imaxes a través dun programa de transferencia de arquivos (FTP). A colocación das fotos en Internet é tamén un xeito de contar cunha copia de seguridade ante eventuais fallos do PC ou dos CD-ROM.

Ó igual que acontece co correo electrónico, tampouco aquí se debe perder de vista o peso dos arquivos. A gran resolución das cámaras dixitais actuais obriga a reducir o tamaño das fotos con algún editor de imaxes se non se quere colapsar o correo ou esgotar axiña o espazo web do que se dispón. A redución do tamaño e da resolución das imaxes (ata a resolución de pantalla, tipicamente 600x800 ou 1024x768 píxeles) non se apreciará no monitor, pero si que afectará se o seu destino final é a impresión en papel.

Todo en orde

A miúdo os álbums virtuais combínanse con programas que se instalan no ordenador con dous obxectivos: organizar todas as imaxes de maneira sinxela (e realizarlles retoques simples ás fotos) e ofrecer un sistema para publicalas facilmente en Internet. Tamén existen programas específicos para xestionar as imaxes, como iPhoto de Apple (só para Mac OS X) ou Picasa de Google (só para Windows). Este último pódese combinar con Hello (www.hello.com) para compartir as fotografías con terceiros e con Blogger para publicalas directamente en Internet.

Weblogs, fotoblogs e moblogs

Os weblogs ou bitácoras son o xeito máis doado de crear unha páxina web. A través duns poucos e sinxelos pasos, servizos gratuítos como Blogger brindan completos sistemas de publicación. Así e todo, a maioría dos editores de weblogs non ofrecen aloxamento para as imaxes (polo menos de maneira gratuíta), polo que cómpre acudir á hospedaxe de sitios como pix8net (www. pix8.net).

Outra opción é publicar un 'fotolog', un weblog onde priman as imaxes sobre o texto. En Photoblogs.org (www.photoblogs.org) atopamos un directorio con máis de 8.000 'fotologs' de 77 países e 35 idiomas. Un paso máis alá, os moblogs (do inglés 'mobile' e 'blog', diminutivo de weblog) son bitácoras que se actualizan desde un dispositivo móbil, polo xeral un teléfono con cámara incorporada. Do mesmo xeito que unha foto pode pasar dun móbil a outro, é posible enviala directamente á web para que a vexa todo o mundo ó cabo dun intre, algo que comeza a utilizarse con fins xornalísticos.

Portais con álbums

 http://es.photos.yahoo.com

O espazo ilimitado gratuíto e outras virtudes do álbum on-line de Yahoo! deixan lonxe a oferta de portais españois como Ya.com (www.fotos.ya.com), con 10 MB de espazo gratuíto, ou Terra (http://albumdefotos.terra.es), que só regala 5 MB.

Fotologs

  www.fotolog.net

Fotolog.net reúne case un millón de fotologgers (webs que publican periodicamente fotografías) que colgaron en Internet máis de 30 millóns de imaxes.

Dominio público

 http://en.wikipedia.org/public_domain_image_resources

Para decorar unha páxina web ou weblog non fan falta imaxes propias. Esta páxina da Wikipedia ofrece moitos sitios que 'regalan' as súas fotos.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto