Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Se precisamos facer as cousas dunha maneira rutineira, baixo un nivel de ansiedade moi elevado, estamos cativos dunha manía patolóxica
Quen non tivo algunha vez a teima de non pisar as liñas das baldosas cando pasea pola rúa? Fixarse nas matrículas dos coches, contar fileiras de butacas, volver unha e outra vez comprobar se as billas non pingan, se a luz está apagada ou a porta ben pechada... Todas estas son pequenas manías que levadas a un extremo pódense tornar nun problema serio para quen o sofre e para a súa relación coa xente que o arrodea. De ter unha tendencia extravagante pódese pasar a estar sometido a condutas compulsivas, é dicir, a sentir unha necesidade imperiosa de realizar unha acción máis alá da propia vontade.
A existencia de certas teimas é algo normal. O problema xorde cando comezan a coartar o tempo e a estabilidade da persoa e converten en problemática a convivencia con ela. A comprobación do gas non é negativa, pero facelo tres, catro veces ou máis, aínda despois de ver que non estaba aberto, comeza a ser para a persoa un problema cada vez máis agoniante. De feito, estas manías adoitan ir acompañadas doutras semellantes, polo que a vida cotiá acaba enchéndose de comportamentos ritualizados.
A primeira sorprendida e molesta polo ritual das manías é a persoa que as ten. Non é quen de entender por que lle sucede nin de onde lle vén. Sente que non pode vivir sen se someter a eses rituais e sábese escrava deles. Por que se tornou unha maniática? Nuns casos deriva de personalidades obsesivas, de motivos inconscientes ou de hábitos culturais aprendidos, pero as máis das veces non se chega a saber por que se padecen. O que si é común é un certo grao de rixidez na estrutura da personalidade, unha rixidez que pode chegar a atormentar a persoa e a dificultar as súas relacións sociais. Se se lle preguntase ó maniático para que o fai, cal é o obxecto dos seus actos, non sabería contestar. Agora ben, si é consciente de que só queda tranquilo se cumpre co seu rito, pois só así acouga a súa ansiedade. O que acontece é que tamén consegue poñer fóra de si as persoas que o arrodean, que sofren a súa ansiedade pero non a dan calmado.
Disque as manías ou os rituais de comportamento son máis frecuentes:
Case se podería dicir que existen tantas coma tipos de persoas. Pero se cumprise facer algún tipo de clasificación, salientariamos a imposición esaxerada de orde, a limpeza, os escrúpulos, a necesidade de seguridade e o perfeccionismo.
O Manual Diagnóstico e Estatístico dos Trastornos Mentais da American Psychiatric Asociation sinala uns criterios para o diagnóstico do trastorno obsesivo-compulsivo da personalidade relacionado cos ritos compulsivos.
A aparición de catro ou máis dos seguintes síntomas pode ser motivo de consulta a un profesional.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI