Saltar o menú de navegación e ir ao contido
No 95% da vivenda nova que se constrúe hoxe en día o chan de salón, habitacións e corredores é de madeira, pero non de calquera tipo de madeira, senón da que maiores vantaxes presenta en calidade, facilidade de instalación, illamento, opcións decorativas e prezo: o parqué flotante, denominado así porque non está nin pegado nin cravado ó chan. Atrás están quedando outros materiais como a baldosa, a cerámica e compoñentes nobres como a tarima ou o parqué pegado. A que se debe a súa demanda? Cales son as súas características?
Trátase de pezas (xeralmente láminas alongadas) de madeira que foron pegadas e vernizadas en obradoiros especializados mediante tecnoloxía de precisión. Estes pavimentos de madeira non se pegan nin cravan ó chan, senón que a cara que non se ve, a que non se pisa e queda por baixo, se apoia sobre unha membrana ou capa de neopreno (pode ser un soporte de caucho sintético ou semellante). Polo tanto, queda 'flotando' ó mesmo tempo que actúa de illante. A súa principal vantaxe respecto a outros tipos de sobrado radica en que non cómpre unha grande obra para colocalo, nin sequera é preciso baleirar completamente a vivenda para instalalo. Ademais, pódese usar sobre calquera tipo de superficie, mesmo riba dun pavimento anterior, sempre que estea plana. O único coidado que precisa é unha temperatura ambiente de 20 graos e unha boa ventilación na estancia para evitar que o vapor da humidade caia sobre a superficie e se converta en líquido. A súa colocación incrementa a altura do chan arredor duns 3-4 centímetros, polo que se se monta sen quitar o anterior pavimento, as zonas ou estancias nas que non se poña poden quedar máis baixas. Aínda que o neopreno sobre o que se colocan as láminas de madeira actúa como illante, aconséllase non instalar este tipo de parqué nas partes da vivenda nas que se aprecie moita humidade, dado que a auga e a madeira son incompatibles. Xa que logo, non se recomenda para baños e cociñas, e, de facerse, convén colocar unha alfombra preto do inodoro, bidé, lavabo e ducha, e mais un farrapo na parte máis próxima ó vertedoiro.
Recoméndase pasarlle a aspiradora, pois así recóllense as partículas de lixo sen arrastralas, evitando o efecto lixa. A maioría das aspiradoras inclúen xa entre os seus accesorios un específico para parqués.Hai dous tipos destes chans: o parqué flotante de madeira natural e o parqué flotante laminado recuberto con resina de melamina. No tocante ás súas posibilidades decorativas, a diferenza entre ambos radica en que este último ofrece máis opcións (pódense elixir de cores diferentes e con calquera tipo de ornamento...), mentres que aqueloutro non admite variacións de cor e limítase á da madeira elixida.
Parqué flotante de madeira natural
Parqué flotante laminado
Actualmente, a maioría dos establecementos inclúen no prezo a instalación.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI