Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Deporte aventura: Mal en seguridade e en calidade de servizo

Estudouse a información proporcionada por un cento de empresas de deporte aventura de todo o país. Os prezos difiren moito dunhas a outras.

  Ós xa tradicionais deportes relacionados coa natureza (sendeirismo, esquí, hípica, vela) uníronse nos últimos anos novas actividades deportivas que teñen como fundamento gozar ó máximo da natureza, co aderezo das emocións fortes e o estrés que proporciona a súa práctica. Parapente, ala delta, ráfting, descenso de canóns, puenting, caída libre e outros moitos deportes-aventura ofrécenlle ó usuario a posibilidade de facer exercicio e divertirse dun xeito diferente ó habitual e case sempre da man dunha empresa especializada que ofrece, amais da súa experiencia, monitores, instalacións, equipos e materiais.

CONSUMER EROSKI investigou en que condicións se practican estas novas modalidades deportivas, e máis en concreto ata que punto se controlan os factores de risco, e cal é a calidade do servizo que prestan estas empresas que operan nun sector que, no noso país, ten menos de dúas décadas de existencia. Estudáronse os servizos de 100 empresas dedicadas a 13 especialidades: ala delta, alpinismo, caída libre, descenso de canóns e barrancos, escalada, espeleoloxía, flysurf ou kitesurf, hidrospeed, parapente, piragüismo, ráfting, puenting e submarinismo. Estas empresas, tamén denominadas de turismo activo, teñen a súa sede en Huesca (14 empresas analizadas), Asturias (11), Madrid (10), Xirona (8), Cantabria (7), Navarra (5), Alacante (5), Lleida (4), Cádiz (4), tres en Biscaia, Tarragona, Sevilla, Málaga, Guipúscoa e Almería, dúas en Teruel, Pontevedra, Murcia e Barcelona, e unha empresa en Zaragoza, Valencia, Granada, Castellón, Cáceres e Álava.

Do estudo dedúcese que o deporte aventura en España aínda está lonxe de se converter nun sector empresarial maduro e asentado. E iso fundamentalmente porque, malia que o risco é consubstancial ó produto de lecer que comercializa, non conseguiu solucionar o seu déficit en materia de seguridade (suspende o exame o 27% das empresas analizadas e outro 34% queda nun discreto "aceptable"); ademais, a calidade do servizo é inequivocamente baixa: o 54% suspende o exame de CONSUMER EROSKI. Para rematar, os prezos difiren de modo moi rechamante: segundo a empresa de deporte aventura que se contrate, un curso de flysurf pode custar por persoa desde 200 ata 300 euros, unha xornada de escalada desde 10 ata 110 euros e unha de alpinismo desde 12 ata 88 euros.

Estas empresas de deporte aventura teñen principalmente unha carencia: a seguridade non está suficientemente garantida. Non só a cuarta parte delas suspende o exame en materia de seguridade, senón que non chegan á metade (son o 39%) as que acadan boa nota. A carencia máis común foi o control meteorolóxico que as empresas deben realizar antes de emprender as actividades e que, nos máis dos casos, non realizan ou se limita a unha simple consulta do parte nas noticias de TV ou radio. Tamén suspenden as máis das empresas nos requisitos que lles esixen ós clientes antes de lles permitiren participar nestas actividades de risco, como a titulación (no seu caso) ou os certificados médicos. Ademais, a maioría suspende na valoración (que conviría facer) da preparación física e psicolóxica dos clientes. O mellor no tocante á seguridade foi o acompañamento dos monitores, o seguro de responsabilidade civil e que a maioría dos monitores están debidamente titulados. Toda esta información, ó igual có resto da proporcionada neste informe, procede das propias empresas de deporte aventura estudadas.

Doutra banda, non todas as especialidades deportivas se atopan á mesma altura en seguridade: as que mellor nota obteñen son hidrospeed e submarinismo. A peor parada é, paradoxalmente, unha das aparentemente máis arriscadas, a caída libre, que, amais de suspender en control meteorolóxico, en requisitos esixibles ós clientes e na valoración do seu estado físico e psicolóxico, tamén suspende en titulación dos monitores -non foi en todos os casos a adecuada- e en que as saídas se efectúan na maioría dos casos sen botica de primeiros auxilios, sen aparellos de comunicación, mapas, compás nin prismáticos.

En calidade de servizo e atención ó cliente, máis da metade das empresas de deporte aventura estudadas suspende e un 25% débese conformar cun aprobado. Só o 15% acada un "ben" e unicamente o 6% obtén un "moi ben". O máis mellorable foi a práctica case xeneralizada de non formalizar contrato cos clientes, deixándoos en indefensión en caso de posteriores reclamacións. Outro aspecto crítico é a insuficiente atención a usuarios con descapacidade: a inmensa maioría das instalacións e a práctica de case todas as actividades -agás ala delta e flysurf ou kitesurf- non está adaptada para as necesidades destes clientes, e tampouco se ofrecen cursos de aprendizaxe específicos para eles e elas. Pero estas empresas tamén teñen os seus puntos fortes en servizo; un deles é a posibilidade de alugar o equipo necesario para o deporte que se queira practicar. Outro elemento positivo: os meses en que se poden realizar as diversas actividades pasaron de limitarse á tempada alta de cada unha delas a permitir a súa práctica case en calquera época do ano, o que abre máis posibilidades a quen se desexe achegar a elas. Tamén son satisfactorios, amais de que melloraron notablemente (véxase CONSUMER nº 35, xullo 2000) o cumprimento da normativa ambiental e as instalacións destas empresas, nas que hoxe é xa habitual atopar oficina, vestiarios, almacén de material e aparcadoiro.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto