Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Tinguiduras permanentes para o pelo: Diferentes en calidade

A mellor foi unha das baratas. En intensidade de cor, descoloración e recubrimento de canas as prestacións diferiron moito dunhas mostras a outras

  Analizáronse oito tinguiduras permanentes para o pelo, de cor negra e que custan desde os 5,07 euros por envase de Garnier Belle Color ata os 10,06 euros de L'Oréal Excellence. A mellor relación calidade-prezo é Llongueras Color Advance, que non só é a mellor tinguidura, senón que ademais figura entre as máis baratas (5,94 euros).
O cabelo está composto basicamente por queratina e divídese en tres capas: a cutícula ou capa externa é transparente; a codia ou capa media contén as melaninas, responsables, pola súa abundancia e distribución, de darlle cor ó cabelo; a capa máis interna é a medula, que inflúe na refracción da luz e no ton do pelo.

O costume de tinguir o pelo remóntase ós exipcios, que utilizaban extractos vexetais, como a henna, e compoñentes metálicos, como os sales de chumbo, para darlles cor ós seus cabelos. Hoxe estímase que entre un 30% e un 40% das mulleres nos países industrializados tinguen o pelo, e para iso empregan a coloración permanente, que acapara o 80% do mercado. Estas tinguiduras permanentes (a diferenza dos pigmentos vexetais que só tinguen a capa superficial) non marchan co lavado. Conségueno utilizando mesturas químicas complexas, líquidas ou pastosas, capaces de tinguir as fibras de queratina. O único xeito de eliminar estas tinguiduras é cortar o pelo. Unha boa tinguidura permanente debe resistir o lavado, non estragar o pelo, cubrir as canas e proporcionar brillo e unha cor natural. Entre as oito tinguiduras analizadas, as dúas de L'Oréal e Schwarzkopf Brillance ofrecen 120 mililitros de produto, polo que se axeitan máis a quen ten melena ou media melena. Llongueras contén 110 mililitros de mestura, mentres que os máis só incorporan 100 mililitros, cantidade que pode non resultar abonda se se ten o pelo demasiado longo e hai que cubrir moita raíz.

Intensidade de cor

Para comprobar a intensidade de cor que se acada con estas tinguiduras, tinguíronse tres mechas de pelo estándar de orixe europea con cada produto, seguindo o modo de emprego que indican as súas etiquetas. Despois, seis expertos avaliaron visualmente o resultado final. Os mellor valorados foron L'Oréal Recital, Llongueras e Wella, mentres que os que brindaron unha cor máis apagada foron Colorcrem, L'Oréal Excellence, Garnier Belle Color e Schwarzkopf.
Para avaliar a duración do efecto destas tinguiduras, sometéronse dúas ou tres mechas de pelo xa tinguido (a terceira serviu como referencia) a catro lavados con lauril sulfato de sodio. As tinguiduras máis sólidas foron Llongueras, Wella Kolestint e L'Oréal Recital, mentres que Colorcrem, L'Oréal Excellence, Garnier Belle Color e Schwarzkopf se amosaron como as máis débiles. Garnier Nutrise obtivo un resultado medio.
Despois de tinguiren o pelo, as persoas con melena ou media melena, logo dos primeiros lavados, se cadra lixan o pescozo das camisas ou a toalla coa que secan o cabelo. Para comprobar a propensión das tinguiduras a destinguir, a súa resistencia á auga, colocáronse as mechas acabadas de tinguir sobre unha tea branca de algodón ata que secaron, para observar se tinguían ou non o tecido. Schwarzkopf foi claramente a mellor (non destingue nada), seguida de L'Oréal Recital Préférence (deixa trazas sobre a roupa), mentres que Wella resultou a peor neste aspecto (mancha moito a roupa), seguida de Colorcrem, Llongueras e Garnier Belle Color. As guedellas tinguidas laváronse despois para comprobar se seguían destinguindo: seis das oito tinguiduras manchan de modo considerable, mentres que Colorcrem e Schwarzkopf deixaron un rastro moito menor.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto