Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Minestras en conserva e ultraconxeladas: As máis baratas, a mellor opción

Son nutritivas e saudables e están ben elaboradas. Os catadores preferiron claramente as minestras en conserva. En méritos nutritivos, ambas as dúas son semellantes

  Nas minestras en conserva, as verduras preséntanse xa cocidas xunto cun líquido de cobertura constituído por auga e sal, mentres que as conxeladas precisan de cocción para o seu consumo. As dúas son cómodas de consumir: nas de frasco abonda con retirar o líquido de goberno, quentalas sen chegar á ebulición e condimentalas. Nas conxeladas, abonda con botalas (mellor sen desconxelar) nun recipiente con auga a ferver e, así que están cocidas, escorrelas e condimentalas. Se a cocción se fai nunha pota rápida ou a presión, redúcese a perda de nutrientes. A minestra adoita servirse como primeiro prato (aliñada con aceite ou acompañada dun rustrido de allos ou de cebola e xamón), pero tamén pode utilizarse en ensaladas e como gornición de carnes e peixes. A minestra (segundo indica a norma de conservas vexetais) é unha mestura de verduras composta por chícharos, alcachofas e espárragos, en orde decrecente de proporción, e, opcionalmente, feixóns verdes, fabas, cenorias e champiñóns. A minestra conxelada, a diferenza da que se presenta en conserva, non conta con norma específica e unicamente debe aterse ó que establece a norma xeral de alimentos ultraconxelados.

CONSUMER EROSKI analizou oito minestras, cinco en conserva e tres ultraconxeladas. As que se venden en conserva son moito máis caras (saen desde case 8 ata máis de 10 euros o quilo) cás conxeladas, que custan desde 2,84 ata 3,57 euros o quilo. Os envases ían desde 415 gramos de peso neto ata un quilo. Os resultados das probas analíticas foron tan semellantes que para a elección da mellor relación calidade-prezo só se tivo en conta a opinión dos catadores (que discriminaron claramente as mostras, preferindo as minestras en conserva fronte ás conxeladas) e o prezo de cada mostra. A mellor relación calidade-prezo recae en Anko, a máis barata das minestras en conserva e unha das que máis gustou na cata. Para quen opte polas minestras conxeladas, a elección máis atinada é Bonduelle, a máis barata de toda a análise comparativa (2,84 euros/quilo verdura).

Etiquetaxe: tres incumpren a norma

A información obrigatoria na etiqueta de calquera minestra é: denominación ("Minestra"), identificación da empresa, lista de ingredientes, peso neto, lote, data de consumo preferente e modo de emprego. Ademais, as que se comercializan en conserva indicarán peso escorrido e categoría comercial. Comprobouse que Gutarra e Carretilla (ambas as dúas, en conserva) non indicaban categoría comercial e que Bonduelle ultraconxelada non especifica a porcentaxe de espárragos, aínda que na súa denominación destaca este ingrediente. Anko indica na etiqueta categoría Extra, pero constatouse que pertence a unha Primeira. Leyenda e Carretilla non indican os ingredientes nunha orde decrecente.

Doutra banda, as análises microbiolóxicas revelaron que todas as mostras foran correctamente lavadas, escaldadas, esterilizadas e ultraconxeladas, xa que obtiveron resultados correctos en todos os parámetros e ningunha contiña microorganismos patóxenos.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto