Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Unha nena caeu dun muro situado nunha praza pública

 Unha nena de once anos, cando xogaba nunha praza á saída da escola, subiu a un muro pequeno de acceso a un aparcadoiro. Caeu e rodou polas escaleiras abaixo, o que lle provocou diversas feridas, das que tardou en sandar 90 días, amais de secuelas de tipo estético. Os pais consideraban que a caída se debeu a unha deficiente construción do muro, polo que demandaron ó Concello.

Segundo o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña, en sentencia do 13 de maio do 2004, a baixa altura do muro posibilitaba o uso para xogar na praza de maneira habitual. Pero di que, como a miúdo pasa neste tipo de accidentes, a responsabilidade hai que atribuíla a varios focos causais. O primeiro, e principal, foi a propia imprudencia da nena, tolerada pola nai ou non controlada por ela, por utilizar para os seus xogos un elemento construtivo que tiña outra finalidade, é dicir, que non estaba á disposición das persoas que usaban a praza como lugar para os seus xogos. Por iso, o Tribunal só lle imputa ó Concello o 20% da responsabilidade nos danos causados e condénao a indemnizar a menor coa cantidade de 4.374 euros e non o total reclamado.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto