Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Sufriu un atraso aéreo e a perda de equipaxes

 Un consumidor contratou cunha compañía aérea o voo Barcelona-París-Nuremberg para acudir a varias xuntanzas de traballo. A saída do voo de Barcelona retardouse e isto impediulle enlazar a Nuremberg. Cando chegou ó aeroporto desta cidade as súas dúas maletas perdéranse e só se recuperou unha delas.

Pola maleta perdida, de 20 quilos de peso, foi indemnizado con 549,47 euros. E por outra que extraviou e recuperou o día seguinte, de 9 quilogramos, a compañía indemnizouno aplicando as normas de extravío sobre 3,5 quilogramos. O usuario considerou que non lle resarciran o dano moral nin os gastos ocasionados, polo que acudiu a xuízo. E a Audiencia, en sentencia do 4 de febreiro do 2004, deulle a razón, aínda que só parcialmente.

Concedeulle unha indemnización de 65 euros por gastos en produtos de hixiene, e outra de 600 euros pola angustia e afección psíquica padecida, pero non o importe de 1.502 euros solicitado por danos morais ocasionados polo atraso, nin a cantidade de 1.202 euros polos danos morais sufridos polo extravío da equipaxe, pois considerou que a angustia non é susceptible de división económica en dúas partidas distintas.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto