Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Segue vivindo de alugueiro sen renovar o contrato

Levo vivindo de alugueiro no mesmo piso cinco anos. Realicei un primeiro contrato de dous anos. Cando este caducou o propietario díxome que se fiaba de min e que non facía falta a renovación. Pasaron xa tres anos e sigo vivindo no mesmo sitio sen contrato, podo demostrar con xustificantes bancarios que sigo pagando o alugueiro e que os recibos de luz veñen ó meu nome. A pregunta é, que dereitos teño?, que consecuencias nos pode carrexar ó propietario ou ó inquilino, que son eu?

  A Lei 29/1994 de arrendamentos urbanos regula os dereitos e obrigas das partes no contrato de arrendamento de vivenda. De acordo con esta lei, a duración do arrendamento será libremente pactada polas partes, pero se o pacto é por un período inferior a cinco anos, o contrato prorrogarase obrigadamente ata alcanzar o período mínimo deses cinco anos. Esta sería a situación que se presenta, na que por contrato escrito se acordou un período inferior a cinco anos, en concreto por dous anos, e o arrendamento se foi prorrogando anualmente ata acadar na actualidade os cinco anos. Cumpridos os cinco anos de duración mínima dun contrato de arrendamento de vivenda, o propietario arrendador pódelle notificar ó inquilino a súa vontade de non renovar o contrato, pero débeo facer cunha antelación de polo menos un mes á data de vencemento. Se neste caso xa transcorreron os cinco anos sen recibir notificación ningunha, o contrato considérase prorrogado obrigatoriamente por outro ano e así ata un máximo de tres anos. Xa que logo, pódese considerar que o contrato continuará vixente outros tres anos máis, salvo que o inquilino lle manifeste ó arrendador a súa vontade de non renovalo cun mes de antelación á data de cada vencemento anual.

No tocante ós dereitos e obrigas, estes son os mesmos cós acordados no primeiro contrato escrito, máis aqueles que estableza a lei e que non se recollan expresamente no documento contractual. Hai que conservar ese documento e ter en conta a data do vencemento. A renda seguirá sendo a acordada no contrato inicial, actualizándose ou incrementándose anualmente conforme ós pactos que nel consten. O arrendador só pode actualizar a renda conforme ó IPC. Pero se o contrato contén algunha estipulación noutro sentido para as prórrogas, poderase incrementar a renda, aínda que só a partir do sexto ano.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto