Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Non lle detectaron a avaría e cobráronlle a revisión durante a garantía

Adquirín un xerador de gasolina que se avariou ó pouco tempo de mercalo. Aínda en garantía, leveino ó servizo oficial da marca e dous días despois dinme que o probaron e que non lle pasa nada, pero que lles teño que pagar o tempo que empregaron en revisalo: 24 euros. Díxenlles que me fixesen factura e só me deron un recibo con número pero sen cabeceira da empresa e sen IVE. A miña impresión é que me tomaron o pelo porque o xerador segue facendo o mesmo ruído anómalo de antes. É correcto que me cobren dicindo que non lle pasa nada?

  Segundo a Lei que regula a garantía de bens mobles, o vendedor debe responder ante o consumidor de calquera falta de conformidade que exista no intre da entrega do ben, e o consumidor debe informar ó vendedor da falta de conformidade no prazo de dous meses desde que tivo coñecemento dela, como aconteceu neste caso. Do relato do sucedido despréndese que a avaría non foi reparada nin diagnosticada correctamente, polo que o vendedor e o Servizo Técnico incumpriron as súas obrigas legais de reparar. Ademais, durante o período de garantía cobrouse a intervención no produto, amparándose nunha distinción entre revisión e reparación. A Audiencia Territorial de Palma de Mallorca, en sentencia do 18 de xaneiro de 1988, dixo que aceptar distintas ordes de reparación durante a garantía (gratuítas), aínda que o produto non teña avaría que reparar, responde a un comportamento correcto do vendedor, ó repasar e probar o produto antes as queixas do comprador.

No caso que nos ocupa, o comportamento foi incorrecto por parte do Servizo Técnico. A revisión no período de garantía é necesaria, pois deste xeito permíteselle ó consumidor comprobar as condicións en que se atopa un produto que presenta ruídos anómalos. Suxerimos dirixirse de novo ó Servizo Técnico, solicitar a reparación gratuíta e a devolución do cobrado. Ademais, sería bo esixir unha Folla de Reclamacións e acudir á Oficina Municipal de Información ó Consumidor. Se as xestións non dan resultado, o mellor é acudir a xunta un perito para que informe por escrito do estado do xerador, co fin de continuar as reclamacións en xuízo ou en arbitraxe de consumo.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto