Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

Como elixir rato: Un periférico especial

O rato que vén de regalo ó mercar o equipo informático se cadra non é o máis axeitado

  Os usuarios acoden cada vez máis preparados á tenda de informática. Dispoñen de toda a información posible sobre a velocidade do procesador, a capacidade dos discos duros, a potencia da tarxeta gráfica ou a utilidade da memoria RAM. Pero case ninguén pregunta polo rato, pola súa marca, tamaño, polos seus botóns, se é sen fíos, óptico, etc. É despois cando veñen as queixas porque o rato non responde ben, non é preciso ou non ten nin a metade de funcións das que oíu falar.

O rato é, xunto co teclado, o periférico máis importante; é o medio para empregar e comunicarse coa computadora. Se ben a maior esixencia sobre as prestacións do rato está vinculada ó tipo de labor específico que se desexa realizar -en traballos de deseño ou retoque fotográfico o rato debe ser unha ferramenta de alta precisión-, o común dos usuarios debe coñecer as posibilidades dun bo rato e as numerosas opcións do mercado. Está en xogo a idoneidade do manexo do PC e mesmo a saúde do propio usuario: igual que unha mala posición fronte ó ordenador pode provocar as 'queixas' do pescozo ou das costas, a incorrecta colocación e suxeición do rato, un modelo pouco ergonómico ou movementos inadecuados poden ocasionar lesións do cóbado ou do pulso.

Distintas 'razas' de ratos

É posible que o consumidor se conforme co rato que vén de regalo, que non ten por que ser malo, pero que é improbable que sexa o que máis lle convén. Tamén é posible que nunca coñeza a experiencia de uso dun rato adaptado ás súas necesidades e personalizado segundo os seus gustos. Pero non está de máis preguntar, ó adquirir o ordenador, polo rato que o acompaña e se é posible contar con outro mellor, aínda que sexa pagando un chisco máis. Se non, haberá que ir despois a mercar un novo e abandonar o 'regalado' nalgún caixón, onde dormen tantos outros.

Existen moitas 'razas' de ratos informáticos, desde o espécime máis primitivo, con bóla na parte inferior e cun par de botóns, ata o máis punteiro, con tecnoloxía láser, sen cable, deseño futurista e unha morea de botóns. Pero non tódolos avances son necesarios para tódolos usuarios. En ocasións, a sofisticación do rato só vai traer problemas; moitos prefiren as prestacións básicas e botar man do teclado sempre que sexa posible. Agora ben, si que hai novas tecnoloxías que fan do rato un periférico máis cómodo e amigable. Para comezar, sen que suba moito o prezo, é posible desprenderse da bóla inferior e dos cables.

Fronte ós que esvaran mediante unha esfera, os ratos con sensor óptico adáptanse a case calquera superficie e evitan a necesidade de desmontar o rato periodicamente para quitar o po e outros elementos que a bóla introduce no periférico e que acaban coa súa precisión e reducen a súa vida útil. Agora, a maioría dos ratos conéctase ó porto USB (antes ían ó porto serie), pero para escritorios pequenos ou saturados o ideal é un rato sen fíos ou que polo menos non necesite demasiado espazo para moverse. Un Track Ball, un periférico con que o punteiro se move co polgar sobre unha bóla, minimiza o movemento da man, e un rato óptico evita os molestos cables riba da mesa.

Súper Rato

Os ratos que funcionan sen cables empregan dúas tecnoloxías -os infravermellos son xa unha reliquia-, radio frecuencia e Bluetooth. A segunda aparece en ratos máis caros, pero limita as interferencias con outros equipos sen fíos e funcionan a maior distancia do PC. Para que máis distancia? Pois, por exemplo, hai quen ten o rato ó lado da bicicleta estática para navegar mentres fai exercicio. Por suposto, a tecnoloxía sen fíos pódese combinar coa óptica... e entramos xa no terreo dos 'súper ratos'.

Un rato completo debe ter polo menos tres botóns. O botón situado no medio, a miúdo con forma de roda para facer scroll (moverse dentro das ventás), resulta moi útil así que se lle colle o truco, xa que se lle poden programar distintas funcións. O resto de botóns laterais sérvenlles ós que prefiren o rato ó teclado para realizar todo tipo de tarefas. Os sistemas operativos actuais recoñecen automaticamente cando se enchufa un rato, e contan cos drivers (programas) necesarios para facelos funcionar e personalizar os seus elementos básicos: velocidade do clic e desprazamento, forma e tamaño do punteiro, etc. Pero, en especial nos ratos multifunción con varios botóns programables para facer case calquera tarefa, moitas veces convén instalar o CD co seu programa específico.

Para rematar, cómpre saber que un mal uso intensivo do rato pode ocasionar tendinite ou o síndrome do túnel carpiano (dor, formigo ou entumecemento na palma da man, no pulso ou nos dedos). Quen vaia manexar o rato durante moitas horas ó día, á marxe de probar como se adapta á súa man antes de mercalo -hai ratos máis ou menos ergonómicos, como tamén os hai para dereitos ou pensados para zurdos-, deberá contemplar a posibilidade de utilizar unha almofada especial para que o pulso descanse.

Navegar á carta

 Todos en un
www.mice.comO importante é a palabra: toda a información que precisa sobre "ratos peludos ou ratos electrónicos, ratos como animais domésticos ou ratos como praga".

  Ergonomía
www.ergonomia.deamerica.net

Centos de enlaces sobre ergonomía do directorio de deamerica.net, do que cómpre salientar o sinxelo pero útil traballo "Ergonomía dun posto de traballo informático" (www.docum.com/tekno).

  Personalizar o escritorio
www.superarchivos.comp /> Programas para modificar a aparencia do escritorio, iconas, cursores, punteiros do rato, etc.

A evolución do pequeno animal informático

A interfaz, ou o modo de comunicación do home co ordenador, evolucionou de maneira imparable. As primeiras e mastodónticas computadoras recibían as instrucións a través de tarxetas perforadas. Despois, nos anos 60, comezouse a empregar o texto e os cursores para moverse pola pantalla, ata que apareceron novas interfaces como tabletas gráficas, punteiros ou joysticks.

O rato é relativamente vello, pois foi deseñado por Douglas Engelbart e Bill Englisch en 1968, e perfeccionado e utilizado por primeira vez nos laboratorios de Xerox en Palo Alto en 1973. Pero non foi ata 1984, cos pioneiros Mac de Appel, cando o rato comezou a popularizarse para converterse anos despois nun periférico imprescindible coa interfaz gráfica do Windows 3.1 (1992). Os primeiros ratos tiñan un só botón -Apple mantén os ratos cun só botón como marca de identidade-, pero agora levan varios programables e utilízanse tanto ou máis có teclado, mesmo como mando a distancia para reproducir música ou vídeo no PC. Hai deseños de todo tipo e versións mini para substituír o touch pad (membrana táctil) dos portátiles.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto