Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Economía Doméstica

Λ

Seguros para cans: Recomendable para todos, obrigatorio para algúns

  A mordedura a un veciño, un accidente coa conseguinte denuncia, unha rotura de obxectos de valor... non todo son satisfaccións para os donos de mascotas, que ás veces sofren desgustos importantes provocados por un comportamento imprevisto, inapropiado ou perigoso do seu animal doméstico, que nos máis dos fogares españois segue a ser un can. Sempre é recomendable ter o can cuberto por unha póliza de seguros, pero é obrigatorio nas comunidades autónomas do País Vasco e Madrid, independentemente de cal sexa a súa raza. No resto de España, só os cans catalogados como perigosos deben ter forzosamente seguro. Os donos poden elixir o tipo de póliza que máis se axuste ás súas expectativas, sobre todo en función da raza do animal e da cota que desexan ou poden pagar.

Que seguro interesa contratar? Hai tres opcións

Subscribir unha póliza de responsabilidade civil para o can

 As compañías de seguros distinguen entre cans especiais e non especiais, e a prima que cómpre aboar por asegurar uns ou outros é ben distinta (ata pode chegar a ser o dobre). Aínda que afirman que a distinción non corresponde á de cans perigosos e non perigosos, no grupo dos especiais inclúense razas como os Pitbull e os Rottweiller.

Estes seguros poden ser básicos, que lle dan importancia á responsabilidade civil (danos que poida ocasionar o animal) ou máis completos, nos que tamén se lle dá cobertura á propia mascota. Dentro do primeiro tipo prevense indemnizacións como consecuencia de danos causados pola mascota, fianzas e asistencia xurídica en reclamacións por sinistros como accidentes. O segundo tipo completa as coberturas incluíndo gastos de asistencia veterinaria, sacrificio e eliminación de restos, e mais unha indemnización por falecemento do animal e mesmo polo seu roubo.

Exemplos: incidentes que o animal lles produce a outros animais, persoas e inmobles (rotura de cristais, por exemplo) sempre que se comprobe que foron motivadas pola mascota, roturas de bicicleta pola caída do ciclista debido ó ataque do can, estragos ocasionados a un coche, gastos médicos do condutor e acompañantes se se demostra que o can foi a orixe do suceso...

Cando o can é oficialmente considerado perigoso, os seus donos teñen a obriga de subscribir unha póliza cunha cobertura de responsabilidade civil de 120.202 euros como mínimo. Inclúense nese grupo pastores alemáns, bull terriers, samoiedos, huskis siberianos, dogos arxentinos, dobermans, alaskan malamutes e mastíns napolitanos. Outros, como os nórdicos, non son perigosos pola súa agresividades, senón porque escapan a miúdo e poden provocar contratempos.

Antes de comparar entre distintas aseguradoras: as diferenzas entre tarifas e coberturas son abismais dunha a outra compañía, se cadra porque se trata dun produto novidoso e, polo tanto, aínda está pouco estandarizado. Segunda nota: trátase de seguros 'a terceiros', polo que os danos causados ó cónxuxe do propietario da mascota e ós seus descendentes, ascendentes ou irmáns non quedan cubertos.

Tarifas:

  • Can non perigoso: entre 35 e 75 euros anuais.
  • Can perigoso: entre 70 e 150 euros anuais.

Contratar unha póliza común para a familia e animais

 Destinada a cubrir os danos producidos pola mascota ou por calquera outro membro da familia, como os fillos.

Este tipo de seguro pódese contratar de maneira individual (só membros da familia ou familia e animais) e a cobertura é diferente á que pode ofrecer un seguro multirriscos do fogar. Cobre, por exemplo, as fiestras rotas dun veciño por xogar á pelota, as posibles rabuñaduras na parede da escaleira por baixar coa bicicleta ó lombo ou as pintadas do ascensor. A medida que aumenta o risco, maior será a contía da cota que se vai pagar.

O risco no caso dos animais vén determinado pola raza -perigosa ou non- e o número de mascotas que vivan no fogar.

Exemplo: un seguro deste tipo que só cobre a responsabilidade familiar, cunha cobertura máxima de 60.000 euros, ten un prezo anual aproximado de 60 euros. Se se inclúe nel un can non perigoso aumenta en 20 euros. Se o can se considera perigoso, o custo final pode alcanzar os 120 euros.

Incluír a mascota no seguro multirrisco do fogar

Antes de optar por calquera dos dous devanditos seguros, convén ler a letra pequena do noso seguro do fogar, xa que nel indicarase se cobre ou non a responsabilidade dos danos que poida ocasionar o animal doméstico. De ser que si, indicaríao do seguinte xeito: "... garantimos responsabilidade civil familiar por danos causados por animais domésticos de probada propiedade e convivencia no domicilio do asegurado".

Convén ter en conta os límites da cobertura, xa que algunhas pólizas especifican en letra pequena que non se fan cargo dos estragos ocasionados polas mascotas en ausencia dos donos, amais de ser obrigatorio o cumprimento dunha serie de requisitos, como especificar a raza do animal, a súa identificación a partir do chip e unha fotocopia da cartilla de vacinación. Só se estes requirimentos están en orde se poderá acceder á categoría de asegurado. No caso de que a inclusión sexa gratuíta, se se trata dun animal perigoso é importante comprobar que a cobertura sexa de 120.202 euros, porque se non o é cumprirá aumentala. E se o seguro de fogar non inclúe unha cobertura específica para mascotas, pódese ampliar este seguro pagando normalmente entre 10 e 15 euros máis ó ano. Iso si, hai que negociar coa aseguradora a cobertura real que ofrece.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto