Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Aparcadoiros: Un sistema de cobro inxusto para o usuario e unha calidade de servizo moi mellorable

Catro de cada dez suspenden o exame, e esa é a primeira e significativa conclusión. Concretamente, o 3% dos aparcadoiros estudados merece un "moi mal" como nota final, o 17% un "mal", e o 20% débese conformar cun "regular".

  Probablemente, a maioría dos usuarios que contribuíron a que o sector de aparcadoiros de pagamento facturase o ano pasado arredor de 300 millóns de euros pensarán que a práctica de cobrar por hora ou fracción no canto de facelo polo número de minutos que o coche permanece no aparcadoiro é un abuso ou, polo menos, un despropósito nunha época coma a actual, impregnada polas novas tecnoloxías, a concorrencia polo mercado e a mercadotecnia atenta á máis mínima expectativa dos consumidores. O mesmo poderían pensar se teñen a mala sorte de extraviar o ticket de aparcamento: nos máis dos casos, e por moito que o tempo utilizado sexa menor, deberán pagar como se tivesen estacionado o coche 24 horas e, ademais, terán que demostrar que o coche que reclaman é seu. Pero non todo acaba aquí: se lles subtraen do interior do coche un móbil, unha maleta, un aparello musical extraíble ou calquera obxecto persoal, non recibirán indemnización ningunha. Poderíase pensar: "pero, non hai unha normativa, unha lei, que regule este servizo e que defenda os intereses dos usuarios? Pois si que a hai: entrou en vigor en novembro do 2002, pero malia a que as organizacións de consumidores traballan para que sexa modificada, os seus artigos permiten que a situación sexa a que é.

Técnicos de CONSUMER EROSKI visitaron a primeiros do pasado mes de xaneiro, facéndose pasar por usuarios, 155 aparcadoiros públicos de pagamento dos denominados "de rotación" (non exclusivos para residentes ou abonados). Fixérono en 13 cidades: Madrid, Barcelona, Valencia, Málaga, Bilbao, Zaragoza, A Coruña, Murcia, Vitoria, San Sebastián, Almería, Pamplona e Santander. Catro de cada dez suspenden o exame, e esa é a primeira e significativa conclusión. Concretamente, o 3% dos aparcadoiros estudados merece un "moi mal" como nota final, o 17% un "mal", e o 20% débese conformar cun "regular". Por cidades, tan só os de Murcia e Málaga -entendidos globalmente en cada cidade- aproban de sobra o exame. Fano en ambas as cidades cun "ben" de media, que adquire maior relevancia se se compara coa media das 13 cidades, un "regular". As de peores aparcadoiros son, nesta orde, Zaragoza, Vitoria, A Coruña, Barcelona, Bilbao, Madrid e Santander. Os aparcadoiros estudados en Pamplona, San Sebastián, Valencia e Almería -insistimos, analizados conxuntamente en cada cidade- superan o exame, pero fano cun "aceptable", unha cualificación mediocre.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto