Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Obxectivo: evitar lesións: Pistas para un descenso seguro

Unha escasa preparación física e a práctica incontrolada do esquí poden causarlle danos graves e permanentes a terceiras persoas ou ó propio esquiador

  O descenso con esquís por unha ladeira nevada arrodeada de árbores xa non é unha práctica elitista ou un couto de privilexiados. O ano pasado as estacións invernais españolas recibiron a visita de máis de seis millóns de esquiadores, un 2% máis ca na tempada 2002-2003. Grazas ó investimento efectuado, que só nesta tempada 2004-2005 ascende a máis de 111 millóns de euros, as pistas gañaron en amplitude e, sobre todo, en seguridade. O material tamén foi evolucionando para facer máis doada e segura esta práctica deportiva. Pero cómpre non esquecermos que o esquí segue a ser un deporte de risco. Aínda que a seguridade aumenta, tamén se incrementou a velocidade nas pistas. Isto explica que o 6% dos esquiadores sufra algún tipo de lesión ou accidente, que o seu número aumente e que cada inverno 200.000 españois contraten un seguro de esquí. Á excesiva velocidade súmase a falta de coñecemento das máis elementais normas de seguridade nas pistas como principais responsables destes accidentes.

Conscientes da importancia da seguridade, as estacións realizaron esta tempada un especial esforzo para garantila. Por exemplo, insistiuse no uso do casco e editouse unha guía cívica do esquiador, coa que se pretenden eliminar certos comportamentos temerarios que adopta unha mínima parte de visitantes e que poñen en perigo ó resto de esquiadores.

Nela, os responsables das estacións fan un chamamento ó civismo e ofrécenlle ó esquiador as normas elementais de seguridade que lle van permitir aproveitar máis e pasalo mellor con este deporte. Nesta liña enmárcase a potestade das estacións de retirarlles o forfait e expulsar das súas pistas os practicantes que poñan en perigo a seguridade dos outros esquiadores e a súa propia. Nas estacións de Andorra foron máis alá e crearon a figura dun vixilante ou policía de neve, capacitado para impor graves sancións de ser preciso.

Lesións do esquiador

  É un feito irrefutable que a practica do esquí resulta moi saudable (mellora a condición física, incrementa o número de glóbulos vermellos e brancos, dada a altura á que se practica, contribúe á osixenación do organismo...). Así e todo, arrastra un punto negro: a elevada incidencia de lesións polos accidentes que se rexistran nas pistas. O 60% das lesións que se producen neste deporte afectan ós membros inferiores, en especial ós xeonllos, xa que é a parte do corpo que máis traballa e que máis presión soporta; o 20% inciden nas mans, o 10% son traumatismos cranoencefálicos e o resto adoitan ser lesións de columna.

A lesión máis significativa é a que afecta ó ligamento anterior cruzado do xeonllo, que a atravesa diagonalmente por baixo da rótula. A probabilidade de que un esquiador sufra unha lesión no ligamento anterior cruzado é 365 veces superior á da poboación xeral. Tamén é común o chamado 'polgar do esquiador', unha lesión que consiste na rotura dos ligamentos deste dedo, e que se produce ó tirar do polgar cara a un lado por estender a man para amortecer unha caída.

Entre os practicantes de snowboard a lesión clásica é a fractura do pulso, debido a que as mans van libres e son a primeira parte do corpo en apoiarse trala caída.

Con todo, a maior ameaza para o esquiador é sempre a fractura de cadeira ou de fémur. Nos máis dos casos, prodúcense logo dunha perda de control do esquiador nun xiro efectuado a velocidade excesiva e que acaba nun choque contra unha árbore ou contra un dos valados protectores da pista.

Os efectos nocivos dos raios de sol tamén afectan ós ollos. A fotoftalmia, un tipo de conxuntivite, pode aparecer entre esquiadores que non se protexeron como había de ser. Os seus síntomas percíbense tras catro ou seis horas de exposición á luz solar e adoitan ser lagrimexo, ollos vermellos e sensación de corpos estraños.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto