Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

Dislipemias: alteracións de graxa en sangue: Un risco potencial que esixe unha análise individual

  As graxas ou lípidos son indispensables para a vida porque son fonte de enerxía, serven para a síntese de hormonas, protexen as nosas vísceras... A súa distribución polo corpo prodúcese a través do sangue. Pero o seu exceso ou defecto no sangue, coñecido como dislipemia, pode provocar importantes alteracións que ocasionen graves efectos no corazón, arterias e cerebro. Dado o noso estilo de vida (sedentario e cunha dieta demasiado rica en graxas) ó falarmos de dislipemias referímonos máis ó exceso de lípidos ou hiperlipidemias. E se hai dúas graxas das que haxa que vixiar os niveis, cómpre falar sen dúbida do colesterol e dos triglicéridos, xa que o seu exceso -sobre todo o do colesterol- é xeralmente un factor de risco cardiovascular.

Dieta e estilo de vida

As graxas son insolubles en auga e para circular polo sangue van unidas ás proteínas. O complexo resultante son as lipoproteínas. Dúas delas son as que máis lles interesan ós médicos e ós pacientes, as de baixa densidade ou LDL, o temido 'colesterol malo', e as de alta densidade ou HDL, o 'colesterol bo'. As súas variacións, á alza no caso do LDL e á baixa no HDL, constitúen un potencial risco para a saúde.
As concentracións de colesterol total (CT) e de triglicéridos (TG), así como das fraccións HDL e LDL son moi variables pola interacción entre o ambiente e os xenes. A concentración de lípidos en sangue vén determinada en boa medida pola dieta e polo estilo de vida. É dicir, as concentracións de CT e de TG, que son consideradas como indicadores dun problema de exceso, fíxanse en función dos valores da distribución de cifras na poboación xeral. Diversos estudos puxeron de manifesto que o risco coronario se eleva de xeito exponencial a partir de cifras de colesterol total de 200 mg/dl. E de xeito moi particular coa fracción LDL ou colesterol malo alta.

Valores de referencia

Lípidos Mg/dl desexables Mg/dl límite Mg/dl elevados
Colesterol total < 200 200-239 >240
Triglicéridos < 200
LDL < 130 130-159 >160
HDL femenino > 45 < 35
HDL masculino > 40 < 35

Estes valores serven de referencia, pero cómpre estudar cada caso de modo individual. Ademais, o seu significado como factor de risco cardiovascular varía se está asociado ou non a outros, como o tabaquismo, a idade, as cifras de tensión arterial, a asociación a diabetes, e a outras variables. Unha persoa que teña 250 mg/dl de colesterol pode ter un risco baixo se só ten hipercolesterolemia. Pero se fuma, ten a tensión alta, antecedentes familiares de colesterol alto, diabetes, etc., esa cifra considérase elevada. Convén contrastar de xeito individual o risco, e para iso existen métodos de cálculo do risco cardiovascular. Téñense utilizado moito as táboas de Framinghan, pero sobrevaloran o risco para a poboación española e por iso se está validando unha que se axuste ás nosas características. Estas táboas e outras que se manexan estiman a probabilidade de desenvolver un problema cardiovascular grave (infarto, anxina de peito, morte súbita, accidente cerebro-vascular...) nun prazo de dez anos.

Tipos de hiperlipidemias

As dislipemias por exceso ou hiperlipidemias poden ser de moitos tipos, pero pódense englobar en dous grupos:
Hiperlipidemias primarias: ocasionadas por unha elevada inxestión de graxas saturadas, por un aumento da súa síntese e por factores xenéticos. Hai unha variedade de hipercolesterolemia familiar que pode ser moi grave, xa que ocasiona lesións arterioscleróticas a idades mozas.
Hiperlipidemias secundarias: alteracións do metabolismo lipídico que se dan cando hai diabetes, hipotiroidismo, enfermidade renal, hepatopatías, consumo elevado de alcohol e toma de fármacos como diuréticos ou corticoides.

Tanto as primarias coma as secundarias implican un incremento do risco cardiovascular mediado polo desenvolvemento de arteriosclerose.

Prevención

A prevención da enfermidade cardiovascular implica unha estratexia para identificar as persoas segundo as súas situacións de risco. Non se recomendan as campañas masivas de exploración, pero si as deteccións ocasionais no paso por unha consulta médica. O tratamento das dislipemias, non sendo das variantes graves, é un labor do médico de familia. Antes dos 35 anos nos homes e dos 45 nas mulleres cómpre realizar unha determinación do colesterol. A partir dos 45 anos, convén facelo cada 5 anos ata os 75. Se se detecta unha taxa elevada, hai que repetir a proba ós 2 ou 3 meses. E se persiste, é recomendable un cálculo do risco cardiovascular e completar o estudo cunha exploración cardiovascular básica, unha analítica de sangue e ouriños con determinación de fraccións do colesterol LDL, HDL, triglicéridos, glicosa, creatinina, ácido úrico e transaminasas, e un electrocardiograma.

Tratamento

Establecido o nivel de risco, márcase o tratamento, que se fundamenta en medidas hixiénicas, dietéticas e farmacolóxicas. No caso do colesterol por riba de 240, as medidas iniciais son hixiénicas e dietéticas, e o seu obxectivo é reducir o LDL. Se despois de tres meses non se acada o obxectivo (LDL<160 mg/dl) pensarase no tratamento farmacolóxico, que dependerá do nivel de risco e do perfil da persoa. Habitualmente úsanse as estatinas, os fármacos máis efectivos, se ben nalgunhas ocasións cómpre recorrer a outros como as resinas e os fibratos, e, desde datas recentes, ós inhibidores da absorción do colesterol. A adhesión ó tratamento é fundamental, pero non resulta doado: o paciente non percibe a hipercolesterolemia como unha enfermidade molesta ou dolorosa, nin sequera como un perigo. As modificacións do estilo de vida constitúen o primeiro chanzo no tratamento da hipercolesterolemia e das dislipemias en xeral.

Algunhas recomendacións

Tanto para reducir o nivel de colesterol como para previr a arteriosclerose na poboación xeral, é aconsellable:

  • Levar unha dieta variada con abundancia de cereais, verduras e froitas.
  • Diminuír o consumo de carnes vermellas, ovos, leite enteiro e derivados (xeados, nata, manteiga, queixos graxos, iogures enteiros...).
  • Consumir aceite de oliva e evitar os aceites de coco e palma, moi utilizados en produtos de bolería, fritos e precociñados.
  • Aumentar o consumo de peixes brancos e, especialmente, dos azuis (sardiña, troita, salmón, atún, xarda...).
  • Reducir o peso cunha dieta baixa en calorías.
  • Evitar o consumo de alcohol ou consumilo moi moderadamente.
  • Non fumar.
  • Practicar exercicio físico con regularidade.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto