Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Un neno faleceu ó caer a portería na que se colgara

Un menor de doce anos, mentres xogaba un partido de futbito agarrouse ó pau dunha portería e balanceouse. Como a portería non estaba ben amarrada, o neno caeu e por riba del a portería, que o matou. Os pais demandaron ó Concello, propietario do club deportivo, ó arrendatario das instalacións e á compañía de seguros e solicitaron unha indemnización de 90.000 euros. O primeiro pretendía desligarse da responsabilidade porque o mantemento das instalacións lle correspondía ó arrendatario. Agora ben, quedou probado que nunca deixou de utilizar as instalacións deportivas, pois existía unha específica coexplotación. Ademais, os demandados sinalaban que os regulamentos non impoñían suxeitar ó chan as porterías e que foi a conduta do menor a que provocou a caída da portería. Nunha sentencia do 26 de maio do 2004, o Tribunal Supremo recoñece que parte da culpa era imputable ó menor, polo que a indemnización debía ser reducida nun 10%. E para fixar a contía da indemnización, por dano moral, lembrou a dor dos pais e confirmou a indemnización de 90.000 euros menos o 10%.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto