Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Pecharon o patio da comunidade sen acordo unánime

 Nas xuntas de dúas comunidades de propietarios veciñas acordouse o peche dun patio común entre ambas as dúas fincas mediante un enreixado e unha porta móbil. O fin era impedir a indebida utilización do patio por estraños. Os acordos adoptáronse por maioría cualificada. Agora ben, dous propietarios de locais comerciais situados nos baixos, con dereito de servidume sobre o patio, opuxéronse ó peche, polo que solicitaron nun xuízo que se deixase sen efecto o acordo. Alegaban os demandantes que a Lei de propiedade horizontal esixe a unanimidade para a adopción dun acordo que, coma este, supuña unha modificación de elementos comúns. Non obstante, di o Tribunal Supremo, en sentencia do 9 de xuño do 2004, que o acordo adoptado por maioría cualificada era válido porque non prexudicaba ós propietarios dos locais demandantes. Os comercios, fai notar o Supremo, tiñan acceso á vía pública e o peche non impedía nin a visión dos locais nin o acceso a eles en horario público. Non causaba ningún prexuízo, senón un beneficio que se deriva dunha maior seguridade para as actividades comerciais.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto