Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Quen debe pagar as custas de envío cando se devolve un produto?

Que facer cando mercas un produto por Internet e che envían un semellante pero non exactamente o que solicitaches? Realicei un pedido e entregáronmo, pero non se correspondía, nin en características nin en marca, co que eu pedira. Logo de varias comunicacións con eles indicáronme que se agardaba tres ou catro días me poderían enviar o pedido correcto ou outro das mesmas características. Ademais, sinalaron que no caso de non ser posible a solución devandita, se encargarían de recoller todo o pedido e de remitirme á miña conta bancaria o importe íntegro do pedido (31,74 euros). Con posterioridade, recibín un correo electrónico no que me dicían que non se encargan de retirar o pedido do meu domicilio, posto que nas condicións de uso da web así o indican, e que se quero que se practique o pagamento da mercadoría debo enviala pagando eu e que só cando a reciban se procederá ó pagamento.

  A Lei de ordenación do comercio polo miúdo obriga o vendedor a proporcionarlle ó consumidor, de modo veraz e suficiente e antes de comezar o procedemento de contratación, información sobre as circunstancias e condicións en que podería subministrar un produto de calidade e prezo equivalente en substitución do solicitado polo usuario.

De xeito xeral, o dereito de desistimento non pode levar a penalización ningunha, pero si que se lle pode esixir ó comprador que se faga cargo das custas de devolución do produto. Así e todo, se o vendedor subministra un produto de calidade e prezo equivalentes -pero non exactamente o produto solicitado-, as custas directas de devolución, cando se exerza o dereito de desistimento, serán por conta do vendedor.

Nesta consulta desistiuse da compra ó día seguinte de recibir o pedido, dentro, xa que logo, do prazo de sete días hábiles, e a causa do desistimento é a entrega de bens semellantes en substitución do solicitado, polo que, aínda que na web se sinale que os gastos de devolución son a cargo do comprador, non deben selo neste caso. E o vendedor estará obrigado a devolver as sumas pagadas polo comprador sen retención de gastos nun prazo máximo de trinta días desde o desistimento. Pasado este prazo o consumidor ten dereito a esixir a devolución duplicada.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto