Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

O amaño da avaría do coche non se realizou correctamente

Mercámoslle un coche de segunda man a un particular e de alí a un mes sufrimos unha avaría importante. Comentámoslle a avaría e canto custaba arranxala ó anterior dono para chegar a un acordo. Decidimos pagar a reparación a medias. Ademais, o ex propietario dixo que era mecánico, polo que se el mesmo amañaba o coche sairía máis barato. El comprometeuse en todo momento a arranxar o coche do mesmo xeito que nos concretara o noso taller, nas mesmas condicións e a levar a reparar a peza ó mesmo sitio. A factura ascendía en total a 800 euros. Cando chegou o momento de devolver o coche, soubemos que non realizara o mesmo arranxo, nin sequera semellante. E decidimos non lle pagar a parte acordada (400 euros) ata que non nos entregase a factura correspondente. Que pasos podemos seguir para arranxar este asunto?

  A Lei de garantías de bens mobles sinala que os produtos adquiridos de segunda man están sometidos a unha garantía por un ano, pero esta lei aplícase ás compras realizadas entre particulares. Neste caso, o prazo para reclamar por vicios ou defectos ocultos é de seis meses. Cando a entidade dos defectos é menor, poderase solicitar unha redución do prezo pagado, que pode resultar máis ou menos equivalente ó importe das reparacións efectuadas. Na consulta que se formula chegouse a outro acordo: aboar a medias a contía da reparación, e sometido a unha serie de condicións.

Entendemos que o acordo é válido e que o comprador debe aboar só a metade do importe real da reparación. Outra cousa respondería a enriquecemento inxusto do vendedor, xa que habería mala fe en quen, pola súa condición de mecánico, podería coñecer o deficiente estado do vehículo cando o vendeu e non informou debidamente diso ó comprador.

No tocante a que pasos cómpre dar, sería o vendedor do vehículo quen debería reclamarlles o pagamento por escrito e, nese momento, ofrecer o pagamento da metade da factura, previa xustificación do seu importe coa presentación da factura detallada con tarefas realizadas, pezas e man de obra. Como paso previo, tamén se podería solicitar do primeiro taller unha inspección do vehículo que verifique as tarefas realizadas e o prezo aproximado delas.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto