Saltar o menú de navegación e ir ao contido
O mercado de cociñas presenta hoxe en día máis alternativas ca nunca. Tantas que pode resultar complicado elixir a máis axeitada para cada uso e consumo familiar. Placas por indución, cociñas eléctricas, de gas ou vitrocerámicas son as opcións máis espalladas. Cada unha delas presenta vantaxes e inconvenientes que cómpre sopesar antes de adquirilas. Na elección deben primar, por riba da estética, os hábitos de quen vai empregar a placa (uso cotián ou máis ben ocasional, poucos pratos ou grandes cantidades de comida...). Tamén o orzamento dispoñible inclinará a compra cara a unha placa ou cara a outra, sen esquecermos un aspecto que cada vez se valora máis: a súa facilidade de limpeza e o espazo que ocupan.
Trátase dunha placa de aceiro inoxidable con queimadores de chama, aínda que tamén poden ter tres queimadores de chama e un eléctrico. Cada fogón diferénciase na potencia da chama e os modelos máis completos dispoñen dun dispositivo de autoacendido e dun sistema de seguridade que corta o fluxo de gas se a chama se apaga. Tamén as hai de dous queimadores, e mesmo dun queimador a gas e outro eléctrico, interesantes para cociñas pequenas ou segundas vivendas.
Distínguense das anteriores en que a súa base non é metálica, senón de vidro ou semellante. Resultan máis estéticas e modernas, pero posúen as mesmas vantaxes e inconvenientes cás tradicionais de gas. Son máis caras: a partir dos 160 euros.
Transmiten a calor de abaixo cara a arriba, non horizontalmente, polo que se perde menos calor e hai menor risco de queimaduras por contacto coas partes exteriores ás zonas de cocción. Requiren recipientes con base plana para tirarlles o máximo rendemento. Hai placas que combinan focos de vitrocerámicas de distinto tipo (exemplo: dous focos de indución e dous Hi-light). Tamén as hai de só dous focos, de tamaño máis reducido.
Tipos de vitrocerámicas:
Este tipo de vitrocerámicas funcionan a gas. Son moito máis caras cás eléctricas, pero aforran no recibo da luz, principal inconveniente das outras. A súa oferta é limitada, probablemente debido ó seu elevado prezo (custan arredor de 100 euros fronte ós 250 euros das eléctricas) e á súa baixa eficiencia enerxética.
Cociñas eléctricas tradicionais. Os lumes son placas metálicas de ferro fundido de diferentes tamaños e potencia que se poden graduar en función das necesidades do usuario. Un dos focos adoita ser 'rápido' e quece en menos tempo. Tamén se combinan a miúdo focos eléctricos e queimadores de gas.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI