Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Os minerais son indispensables para o bo funcionamento do organismo humano. Representan preto dun 4% do seu peso corporal e distribúense en proporcións semellantes en tódolos tecidos. Todos eles son esenciais, é dicir, o organismo non é capaz de producir ningún por si mesmo e ten que adquirilos dos alimentos que conforman a dieta cotiá para evitar carencias. Algúns deles precísanse en gran cantidade (macrominerais) e outros en cantidades menores (microminerais).
O noso organismo contén uns 1.500 gramos de calcio -o 99% nos ósos-.
No organismo hai uns 860 gramos de fósforo -o 80% nos ósos-.
Funcións. Forma parte de ósos e dentes e intervén na actividade nerviosa e muscular. Cando se asocia con certos lípidos, dá lugar ós fosfolípidos (compoñentes estruturais de membranas celulares). Cumpre tamén un papel esencial no almacenamento e utilización de enerxía.O noso organismo contén uns 25 gramos de magnesio, situado nos ósos.
Funcións. Intervén na síntese de proteínas e ten un suave efecto laxante. É importante para a transmisión dos impulsos nerviosos e aumenta a secreción da bile.
Fontes dietéticas. Verduras e legumes verdes, froitas, froitos secos, cereais integrais, cacao, peixes, mariscos e augas magnésicas (máis de 50 mg/litro).Atópanse distribuídos nos distintos líquidos corporais.
Carencia. A carencia de sodio ou de cloro relaciónase con cambras musculares, confusión mental e perda do apetito. O déficit de potasio asóciase a debilidade muscular e parálise.O noso organismo contén uns 4,5 gramos de ferro (75% en hemoglobina).
Fontes dietéticas. O ferro que conteñen os alimentos de orixe animal. As principais fontes son o fígado, a carne (en especial, a de cabalo) e o peixe, onde se atopa a xeito hemínico (ferro hemo) e do que se absorbe mellor có de procedencia vexetal ou do ovo. Entre as fontes de orixe vexetal salientan os legumes, froitos secos, froitas desecadas e verduras de folla, con porcentaxes de ferro elevadas, pero de absorción moi inferior, xa que se atopa a xeito non hemínico (non hemo). A vitamina C e as proteínas son factores que melloran a súa asimilación, mentres que un exceso de vitamina B9 ou de ácido fólico, de fitatos (composto presente nas cubertas dos cereais), de taninos (viño tinto, té, café, espinacas, pasas e uvas e outras froitas como granada, caquis, marmelo ou mazá) ou de oxalatos (en espinacas, remolacha, espárragos, cogomelos, cervexa, té, chocolate...) redúcena. Por iso, cando unha persoa require de suplementos de ferro oral, indícase que é mellor tomalos antes do almorzo xunto con algún alimento rico en vitamina C (kiwi, cítricos, etc.).Ó igual cás vitaminas, non proporcionan enerxía, pero si:
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI