Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Que fan cos seus beneficios as caixas e os bancos?: As caixas de aforro destinan a iniciativas de interese social dez veces máis cartos cós bancos

  Cando o usuario elixe unha entidade bancaria para abrir unha conta corrente, para pedir un crédito ou para calquera outra operación financeira, sopesa unha longa serie de aspectos entre os que non estaría de máis incluír o de que fan cos beneficios económicos que conseguen cada ano: as diferenzas son espectaculares. CONSUMER analizou o destino que lles dan ós seus beneficios 20 das entidades financeiras máis importantes de España. Delas, quince son caixas de aforros (Caja Madrid, La Caixa, BBK, Kutxa, Unicaja, Caixa Galicia, Ibercaja, Caja Vital, Caja Navarra, Cajastur, Caja Cantabria, Caja Murcia, CAM, Caja Duero e Caja Rioja) e cinco, bancos (BCSH, BBVA, Banco Popular, Banco Sabadell e Bankinter).

Aínda que operen no mesmo sector e ofrezan servizos semellantes, caixas de aforro e bancos son empresas ben distintas: as caixas non teñen ánimo de lucro, carecen de accionistas e o seu obxectivo é a intermediación financeira e prestación de servizos co fin de servir á sociedade e devolverlle os beneficios xerados por esa actividade, sen que fundadores, administradores ou xestores teñan dereito a participaren deles. Pola contra, os bancos son negocios privados con ánimo de lucro e os seus beneficios van parar ós seus propietarios e accionistas. Iso non quita que, nunha imparable tendencia que afecta ó conxunto das empresas, a asunción da Responsabilidade Social Corporativa, a banca privada comezara timidamente a investir unha parte dos seus beneficios en obras de carácter social, cultural ou ambiental.

Aínda hai clases

Así e todo, as diferenzas entre caixas e bancos seguen a ser moi importantes no tocante ó destino dos seus beneficios económicos: as 15 caixas de aforros analizadas dedicaron no 2003 unha media do 28% das súas ganancias (desde o 40% de Caja Rioja ata o exiguo 19% de Unicaja) ó que se coñece como Obra Social, que representa un montante total de 677 millóns de euros. Esta cantidade equivale ó 65% dos cartos destinados a Obra Social polas 46 caixas de aforro existentes en españa, o que revela a representatividade deste estudo a nivel nacional. No outro extremo, os cinco bancos privados estudados destinaron de media a iniciativas sociais só o 2,4% dos seus beneficios anuais, desde o 4,3% do Banco Popular ata o 1% do Banco Sabadell. Só Bankinter non chegou a facilitar esta información debido a que non dispoñen aínda dos datos, xa que é o primeiro ano no que están levando a cabo este tipo de accións sociais externas á entidade.

No 2003, as caixas de aforro superaron amplamente a súa obriga (lei vixente desde 1992) de destinar un mínimo do 50% dos seus beneficios anuais a reservas que garantan a súa solvencia e futuro económico, pois dedicaron de media case o 72% a esta estratéxica función. Os cartos que non se destinan a reserva (xa que non hai accionistas nin propietarios ós que compensar polo seu investimento) débeno dirixir as caixas de aforros a Obra Social; noutras palabras, do 50% dos seus beneficios que poderían destinar a Obra Social, as caixas de aforro españolas destinan a estas iniciativas filantrópicas só o 28%. A Administración pública, con esa obriga de destinar o 50% a reservas, impón desde hai xa moitos anos unha certa austeridade no gasto dos beneficios, coa clara finalidade de asegurar o futuro das caixas de aforro e, en última instancia, dos cartos dos seus clientes (maioritariamente persoas físicas e non empresas), pero a teor do visto, as caixas fan unha achega extra a esta xa de por si importante proporción e apostan máis pola consolidación económica e pola solvencia da entidade que por reverter cada ano á sociedade a maior parte legalmente admisible dos beneficios económicos que xera a súa actividade. Das 15 caixas de aforros estudadas, só catro destinan máis do 30% dos seus beneficios a Obra Social.

Moito se pode falar, de todas maneiras, sobre o obxectivo último dalgunhas destas iniciativas sociais das entidades financeiras -e, por extensión, do resto de empresas-, xa que poderían estar "contaminadas" pola procura de resultados en termos de publicidade e imaxe para esas empresas, pero aparquemos esta cuestión, máis teórica ca práctica, para centrármonos nos aspectos máis diáfanos do que fan caixas e bancos cos beneficios que destinan a iniciativas sociais.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto