Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Fracaso escolar: Atopar a orixe do problema, primeiro paso para superalo

O traballo común de pais e educadores é un elemento básico para afrontar unha realidade crecente e preocupante

 O fracaso escolar é un dos problemas máis graves que sofren na actualidade os sistemas educativos. A transcendencia das súas consecuencias, que exceden o ámbito escolar, e a súa extensión, en maior ou menor grao, por tódolos países desenvolvidos, xustifican o interese de institucións e asociacións de docentes e de pais por paliar os seus efectos. Os datos avalan o alcance desta realidade. Así, o 72% de desemprego dos menores de 25 anos ten relación estreita co abandono dos estudos e co fracaso escolar. Segundo datos do Instituto Nacional de Calidade e Avaliación (INCE), case a terceira parte dos alumnos adolescentes do noso país, estudantes de ESO, obtén cualificacións negativas. No ensino medio, un 32% dos alumnos repite curso, un 35% non remata con éxito 2º da ESO, o 48% non supera o bacharelato, e na universidade o abandono dos estudos rolda o 50%.

En España, un de cada catro nenos fracasa nos seus estudos, cos conseguintes problemas que isto comporta, incluídos os psíquicos. Matemáticas, lingua e inglés son as materias nas que se rexistra un maior fracaso escolar. Fronte á media europea (20%), o índice español de fracaso, preto do 29%, só é superado por Portugal, con algo máis do 45%. As estatísticas oficiais indican que a Comunidade con maior fracaso escolar é Canarias, cun 35,8%, mentres que a de Asturias é a máis baixa, cun 14,4%, seguida de Navarra, cun 17,3%, e da Comunidade Autónoma Vasca, cun 17,5%.

Estes datos, unidos ós que reflicten o elevado nivel de absentismo escolar e de abandono, amosan a existencia dun alto grao de fracaso escolar que require unha acción global afastada da crenza de que os alumnos en apuros son «lacazáns» ou «parvos». O feito de que haxa escolares con dificultades para superaren con éxito as esixencias do sistema educativo implica non só factores individuais, senón educativos, sociais e culturais.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto