Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Debido ás denuncias presentadas por dous cidadáns, a Axencia de Protección de Datos impúxolle unha sanción de 300.506 euros a Gas Natural SDG, S. A., e outra de 60.101 euros a Gas Natural Servizos SDG por contravir a Lei de Protección de Datos Persoais. Esta empresa remitiulle unha carta ós seus clientes co fin de acadar o seu consentimento para ceder os seus datos persoais ás restantes empresas do grupo. Con posterioridade cedeu os datos persoais de todos os seus clientes, incluídos os que non responderan a Gas Natural SDG. Gas Natural Servizos recorreu ante a Audiencia Nacional, pero a Audiencia confirmou a súa multa. Di a Audiencia Nacional, en sentencia do 30 de xuño de 2004, que a Lei de Protección de Datos tamén obriga á persoa ou entidade a quen se comuniquen os datos persoais a observar a lei no relativo ó consentimento dos clientes. E, segundo a Lei de Protección dos Datos, só poderán ser comunicados os datos persoais a un terceiro co previo consentimento inequívoco do interesado. Polo que Gas Natural Servizos estaba obrigada a comprobar se a empresa cedente (Gas Natural SDG) recadara certamente o consentimento dos seus clientes de maneira clara e terminante.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI