Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Cóbranlle por reciclar o seu vehículo antigo

Preciso dar de baixa un vehículo do ano 80 e chamei ó centro de tratamento de vehículos máis próximo. Eu pensaba que unicamente cumpría pagar as taxas (6,80 euros), pero seica por se desprazaren a buscar o vehículo (menos de 10 quilómetros) cobran 40 euros e pola "reciclaxe" outros 30. Pregunteilles se me daban algo pola chatarra e dixéronme que é moi vello. Iso é legal?

  Desde o 12 de febreiro do 2004, e de acordo coa Orde ministerial 249/2004, para tramitar a baixa dun vehículo é indispensable presentar o certificado de destrución, que só poden emitir os Centros Autorizados de Tratamento. Estes centros tramitan a baixa do vehículo directamente e evitan así que o usuario teña que se desprazar ata a Xefatura Provincial de Tráfico. Tamén é posible entregalo nunha instalación de recepción; en ambos os dous casos xunto coa tarxeta de inspección técnica, co permiso de circulación e coa fotocopia do último recibo do imposto de vehículos de tracción mecánica pago (sempre que o vehículo teña unha antigüidade inferior a 15 anos). O usuario deberalle aboar ó Centro Autorizado de Tratamento a taxa por anotación da baixa no Rexistro de vehículos da Dirección Xeral de Tráfico. Esta taxa ascende na actualidade a 6,80 euros, pero a baixa no Rexistro de Vehículos daqueles que, como é o caso, teñan unha antigüidade de 15 ou máis anos está exenta da devandita taxa. Xa que logo, non cumpriría aboar cantidade ningunha en concepto de taxas.

No tocante ó gasto do guindastre, pódese cobrar o servizo conforme ás súas tarifas, pero tamén se pode contratar o servizo de guindastre noutra empresa que resulte máis económica. Sobre o gasto por "reciclaxe", o Real Decreto 1383/2002, do 20 de decembro, sobre xestión de vehículos ó remate da súa vida útil di que a entrega non lle suporá custo ningún ó seu titular cando o vehículo careza de valor de mercado ou este sexa negativo, sempre que conteña cando menos a carrocería e o grupo motopropulsor. Non obstante, este decreto non será de aplicación ata o día 1 de xaneiro do 2007.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto