Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Hábitos saudables e sinxelos exercicios e trucos melloran o funcionamento do noso almacén das lembranzas
A memoria é un almacén de lembranzas cun funcionamento ás veces desconcertante. Pode amosar unha axilidade inesperada e, pola contra, deixarnos colgados nas situacións máis triviais. A condición dunha boa ou mala memoria depende, entre outros factores, da capacidade de concentración, do nivel de estrés, da dieta, da idade, da tendencia xenética, da calidade do sono, dos hábitos tóxicos e da actividade intelectual. O seu desenvolvemento e a capacidade de reter imaxes modifícase a partir dos 30 anos, cando comeza un declive das capacidades intelectuais que se acelera coa vellez. Uns hábitos saudables e uns sinxelos exercicios e trucos son a clave para conservar unha memoria "de elefante".
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI