Saltar o menú de navegación e ir ao contido
As experiencias vividas na nenez e co medio familiar inflúen na nosa personalidade e conduta
A lembranza de episodios da nosa vida pode producir pudor e vergonza -"fixen cousas que agora non faría"-, provocar ira ou tristura -"aquelas experiencias fixéronme dano"- ou promover morriña e saudade -"ah, eses anos que xa non han volver"-. Nese exercicio de memoria séntese agradecemento ou rexeitamento, evócanse vivencias de vello con gran detalle ou, pola contra, case non se teñen recordos. En calquera caso, todas as teorías sobre a psicoloxía humana concordan en admitir que, dun xeito ou doutro, o pasado inflúe na nosa personalidade e na nosa conduta.
Unha das teorías máis prestixiosas sobre este asunto é a chamada Análise transaccional promovida por Eric Berne. Este recoñecido psiquiatra ofrece un marco de referencia sinxelo de entender e doado de utilizar por case todas as persoas ó longo da súa vida. Berne coida que todos os seres humanos manifestan tres estados do eu, definidos como "sistemas coherentes de pensamento e sentimento manifestados polos correspondentes patróns de conduta". Asegura que non se trata de ideas máis ou menos útiles nin de neoloxismos interesantes e doados de comprender, senón que eses tres estados se refiren a fenómenos baseados en realidades verdadeiras.
Como todos fomos nenos, tivemos maiores que nos influíron e somos capaces de ter sentido do real, pódese dicir que no noso interior dialogan os tres estados: pai, neno e adulto. Son procesos internos da mente que están sempre activos. Con todo, ás veces non somos conscientes diso, e de feito hai moitas persoas que nunca o son.
Normalmente non é moi complicado saber, a través da súa conduta e do tipo de respostas que produce en cada situación, en que estado do eu se atopa cada suxeito. Se ollamos para nós con detemento, decatarémonos de que cando temos persoas que dependen de nós (fillos, educandos) actuamos con elas de xeito moi parecido a como o fixeron os nosos pais connosco. Ou que cando nos divertimos, cando nos amosamos emocionados ou cando nos presentamos débiles e vulnerables con quen nos pode acoller de maneira afectiva o facemos de maneira semellante a cando eramos nenos. Do mesmo xeito, calquera persoa, agás casos de grave deterioración, é quen de discernir a realidade con certa claridade e de dar respostas sensatas e razoables.
Coñecida esta realidade, un mesmo pode analizar cando se comporta como pai, como adulto ou como neno na súa vida.
É un exercicio de autoanálise enriquecedor, para o que poden valer as seguintes pautas.
Póñase agora de exemplo concreto e analíceo:
En todo proceso de maduración cómpre contar coa nenez. A volta atrás non serve só para escaravellar de xeito innecesario no pasado, senón para aceptar e integrar no noso ser actual os impactos e influencias positivas ou negativas da nosa infancia. Só o coñecemento cada vez máis lúcido e a aceptación das nosas zonas "inconscientes" nos porá no camiño adecuado para acadar un desenvolvemento persoal máis equilibrado.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI