Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Estacións de autobuses e de ferrocarril: Mellor as de tren cás de autobuses

As estacións de autobuses suspenden en limpeza e conservación, e en seguridade tanto unhas coma outras quedan nun "aceptable"

  Millóns de persoas empregan a cotío as estacións de autobuses e de tren en España. Este Nadal poranse á proba aspectos como a comodidade das estacións, a cantidade e a calidade da información que ofrecen, o estado en que se atopan ou os servizos que lles proporcionan ós viaxeiros, por citarmos só algúns.
Para coñecer en que grao as estacións de autobuses e de tren do noso país satisfán as expectativas dos seus usuarios, técnicos de CONSUMER visitaron a comezos de novembro 21 estacións de ferrocarril e 19 de autobuses en 17 cidades: Madrid, Barcelona, Sevilla, Valencia, Bilbao, Málaga, Zaragoza, Cádiz, San Sebastián, Pamplona, Vitoria, Logroño, A Coruña, Murcia, Oviedo, Alacante e Castellón.
A primeira conclusión é que as estacións de autobuses obteñen peor nota cás de tren: suspende o 42% das de autobuses, mentres que só o 10% das de tren suspenden o exame de CONSUMER.

Os principais aspectos que cómpre mellorar nas estacións de autobuses son a limpeza e conservación (papeleiras en mal estado ou cheas; carencia de recipientes para reciclaxe de refugallos, instalacións lixadas, rotas e mal coidadas, aseos porcos...), apartado no que suspenden; o equipamento e os servizos que ofrecen (escaseza de asentos, ausencia de zonas pechadas e cubertas para agardar, falta de cafetería ou de máquinas expendedoras) e a seguridade (bótanse de menos cámaras de videovixilancia, planos de evacuación e de que facer en caso de incendio, e persoal de seguridade). As estacións de tren teñen menos cousas que mellorar, e cómpre que o fagan sobre todo na seguridade, por idénticos motivos cás de autobuses. O máis positivo en ambos os dous casos foi a información ofrecida ós usuarios. Outra conclusión salientable é que as estacións de tren acadan mellor nota cás de buses en todos os apartados agás no de seguridade, bloque que nos dous tipos de estación mereceu un discreto "aceptable". En xeral, as estacións de tren ofrécenlles mellores prestacións ós viaxeiros. Nos prezos que rexen (á marxe das viaxes), hai diferenzas significativas: un café con leite custa 0,60 euros na estación de tren de Valencia e case tres veces máis, 1,65 euros, na de Barcelona Norte. As mellores estacións de tren foron as de Málaga e Sans (Barcelona), e as peores as de Vitoria e Logroño, ambas as dúas de Renfe. E nas de bus sobresaen as de Oviedo e Barcelona Norte, mentres que a peor foi a de Amara, en San Sebastián.

Información ó viaxeiro

Mentres que en todas as estacións de ferrocarril o viaxeiro é informado sobre horarios, saídas e chegadas, etc., con gran profusión de carteis, paneis ou monitores, esta situación non é tan modélica nas estacións de bus. De feito, un 21% delas carece dun panel central, independente da información facilitada por cada compañía, no que se informe dos horarios dos autobuses. Atopáronse deficiencias nas estacións de bus de Pamplona, Alacante e San Sebastián (non dispoñen deste cartel), mentres que na de Bilbao o panel de información non funcionaba. E en unha de cada 10 estacións de bus se anotou un evidente déficit de sinalización sobre as dependencias e servizos de que dispón, o que non acontece en ningunha das estacións de tren. Esta ausencia de sinalización rexistrouse na estación de buses de Pamplona e na de San Sebastián, que carece dunha estación propiamente dita.

No tocante á megafonía, só o 10% das estacións de tren non a ten (estacións de Euskotren en Bilbao e San Sebastián), proporción que se eleva ata o 21% nas de autobuses. Agora ben, de nada serve dispor de megafonía se esta non se escoita ben nalgunhas zonas, como cafetería, plataformas, dársenas, aseos..., como acontece en unha de cada catro estacións de tren e de buses. Así e todo, non sendo a estación de autobuses de San Sebastián, contan con outros sistemas (carteis, paneis...) para informar dos horarios na maioría das zonas da estación. Tan só se percibiron deficiencias nas cafeterías das estacións da Coruña e de Sevilla. As melloras son necesarias tamén no relativo ós idiomas utilizados para lle dar a información ó usuario: poucas estacións utilizan os distintos ó castelán e ó específico da comunidade autónoma (cando o ten). Neste apartado destacan as estacións de bus de Málaga e de Madrid Sur, e as de ferrocarril de Málaga, Zaragoza e Sevilla.

Doutra banda, só o 43% das estacións de tren e o 32% das de bus contan con planos de orientación. Ademais, o 71% das estacións de tren facilitan información turística sobre as cidades nas que están situadas, xeralmente mediante planos da cidade, os seus museos e monumentos máis relevantes, percorridos recomendados, etc.
Esta información, que tanto se agradece ó chegar a un destino que non se coñece, só se atopa na metade das estacións de autobuses.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto