Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Seguros de vida "risco": Múltiples modelos para cubrir o infortunio

  Entre 30 e 40 anos, home ou muller, casado ou con responsabilidades familiares, cuns ingresos medios e preferentemente urbano. Este é o perfil do cliente do seguro de vida "risco" ou falecemento. O interese por garantir uns ingresos en caso de invalidez permanente ou de morte do cabeza de familia supón o principal motivo para adquirir este produto financeiro. A demanda, con todo, non se limita a quen ten fillos baixo a súa responsabilidade, e cada vez máis persoas sen cargas familiares o contratan. Tamén hai que ter en conta que co paso á trintena moitos españois asinan algún tipo de préstamo (hipotecas, créditos persoais, coches, etc.) que comporta, moitas veces, a subscrición obrigatoria de seguros de falecemento.

Os números describen á perfección a magnitude do negocio. En España hai preto de 17 millóns de seguros destinados a cubrir continxencias de morte ou de invalidez, e o aforro xestionado en seguros de vida individuais medrou en 2003 un 6,38% e superou ó peche dese exercicio os 65.000 millóns de euros. Entre os diferentes tipos dos seguros de vida (Unit Link, xubilación, etc.), o de falecemento é o máis popular en España, onde Cataluña, Asturias, Canarias e Navarra son as comunidades nas que se rexistra un maior número de asegurados. O crecente interese por asegurar o futuro ante calquera avatar reflíctese tamén no feito de que España se converteu en sete anos (entre 1996 e o 2002) no quinto país que máis cartos lles dedica ás primas de seguro, segundo datos recollidos na última memoria de Unespa, a patronal do sector asegurador en España, correspondente ó ano 2002. Desde 1996, as primas de seguros de vida no noso país incrementouse un 165,4%.

Rexistro de seguros de vida

Deses 17 millóns de seguros destinados a cubrir continxencias de morte ou de invalidez, a maioría nunca se chega a cobrar. O motivo? Que os beneficiarios descoñecen a súa existencia. Esta falta de información provoca que as aseguradoras sexan as grandes beneficiadas do falecemento dos seus clientes: se ninguén reclama o cobro dun seguro, evitan desembolsar importantes cantidades de diñeiro que pasan a engrosar as súas cifras de beneficios. Por fortuna, tan anómala situación parece que ten os días contados. Logo de numerosas peticións por parte dos consumidores e de diferentes asociacións e organismos, a Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións (DXSFP) elaborou un Anteproxecto de Lei polo que se crea un Ficheiro Informativo de Seguros con Cobertura de Falecemento de Persoas Finadas. Este anteproxecto xa foi remitido polo órgano de control a cada unha das partes que integrarán o grupo de traballo: a propia DXSFP, UNESPA, o Ministerio de Xustiza, a Confederación Española de Mutualidades (CEM) e varias organizacións de consumidores.
Este Ficheiro pretende achegar información para que os posibles interesados poidan coñecer se unha persoa finada tiña contratado un seguro ou varios por falecemento (o da tarxeta de crédito, o da empresa, o subscrito por el mesmo, o seguro do crédito hipotecario, etc.) e o nome da entidade coa que o ten subscrito. En principio, o acceso só será posible tralo falecemento do asegurado, previa demostración de tal circunstancia e sempre que transcorrera un tempo mínimo para preservar a intimidade e evitar o mal uso da información. A xestión do ficheiro levarase no Rexistro de Actos de Última Vontade.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto