Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Microcadeas estéreo: A mellor é a máis barata

Diferenzas significativas en distorsión sonora, potencia de altofalantes, prestacións e número de conectores

  Analizáronse oito microcadeas estéreo que custan desde os 99 euros de Kenwood RDX-M35-N, a máis barata, ata os 149,5 euros de Sony CMT-NE3. A mellor relación calidade-prezo é, precisamente, a mostra máis económica, e éo por ser a máis completa e a mellor valorada na proba de uso.

Na elección dun equipo de música o espazo do que dispomos na habitación pode ser un factor determinante. Ademais, a progresiva miniaturización electrónica permite que a calidade de son non teña que se ver comprometida polo tamaño da cadea de alta fidelidade. Por iso, ós poucos as microcadeas van ocupando máis a miúdo o espazo que antes ocupaban equipos máis voluminosos.
As oito cadeas analizadas son estéreo (capaces de reproducir unha canle de son diferente por cada un dos dous altofalantes para dar sensación espacial), dispoñen dunha soa pletina de casete, dun reprodutor de CD de carga superior, de radio AM e FM, de dous altofalantes e de mando a distancia. Todas, agás Sanyo DC-DA2000, inclúen reloxo, temporizador de apagado e espertador.

As máis 'micro'

A máis pequena é Philips, pola súa reducida unidade central (145x226x210 mm) e polos seus altofalantes (134x209x152 mm), e a que máis ocupa é a de Sony, cunha unidade central de 165x235x263 mm. Os altofalantes máis grandes son os de JVC UX-H10 (155x231x187 milímetros).
Un dos apartados onde se atoparon maiores diferenzas foi no consumo. Probáronse os equipos a pleno rendemento (mentres gravan en casete o contido dun CD que se está reproducindo a volume máximo). Philips (16,9 W) e Sanyo (17,6 W) son os de gasto enerxético máis comedido, mentres que os que Samsung MM-J4 e Kenwood RDX-M35-N (ambos os dous con 43 vatios) son os máis voraces. Ademais, Samsung precisa 5 vatios máis do que indican os seus manuais. En modo de "espera" todos os equipos reducen significativamente as súas necesidades eléctricas, pero as diferenzas foron aínda máis acusadas: Kenwood en espera (13,7 W) gasta case tanto coma Philips a pleno rendemento, mentres que Aiwa e JVC só precisan 0,3 W e 1,3 W, respectivamente. Para aforrar enerxía é moi útil a función de apagado automático despois dun tempo de inactividade, que inclúen Aiwa, Kenwood e Philips.
Aiwa é a microcadea con máis conectores: dispón de entrada de antena externa, de entrada auxiliar (por exemplo, para escoitar polos seus altofalantes o son do ordenador ou do DVD) e de toma de 'subwoofer' (de feito, é a única á que se lle pode engadir este altofalante que reforza os graves). Samsung, Kenwood, Sony e Philips ofrecen eses mesmos conectores, non sendo o do 'subwoofer'. Thomson (sen máis entradas cá de auriculares e a de altofalantes) é o máis parco nestes aspecto. O cable que une os altofalantes coa unidade central máis longo é o de Samsung (255 cm), mentres que os de Sanyo (con 166 cm) e Kenwood (con 170 cm) son os que menos liberdade de colocación de altofalantes con respecto á súa base permiten.

Potencia de son

O equipo de son máis potente é o de Sony (2x25 W), seguido de Aiwa, Kenwood e Thomson (2x20 W). Os de menor potencia son Sanyo e JVC (ambos os dous con 2x8 W). Unha correcta ecualización mellorará significativamente a calidade do son. Aiwa, Kenwood e Sony permiten axustar os graves e os agudos manualmente. O resto dispón dun ecualizador preconfigurado para diferentes tipos de música (pop, rock, clásica, jazz...). Aiwa e Sony son os únicos sen reforzo específico de graves.

Reprodución aleatoria

Amais das consabidas opcións no CD para seleccionar unha canción concreta ou para repetir un tema ou todo o disco, Aiwa, Kenwood, Sanyo, Thomson, JVC e Philips reproducen as pistas aleatoriamente ('shuffle'). Os oito equipos analizados permiten programar unha secuencia de cancións.
Todas as cadeas permiten gravar de radio a cinta e de CD a cinta. Samsung é a única na que esta segunda opción non está sincronizada, polo que resulta máis difícil que o resultado sexa óptimo. Sorprende que só Kenwood incorpore unha opción tan útil como o 'autoreverse' (que a cinta 'vire' de xeito automático).
Philips e JVC gardan ata 30 estacións, mentres que Samsung, Kenwood, Thomson e Sony almacenan 30 emisoras. Samsung, JVC, Kenwood, Thomson e Philips son capaces de interpretar o estándar RDS, que empregan case todas as emisoras de FM para indicaren o seu nome e a temática da súa programación (noticias, rock, clásica, deportes...). Este sinal viaxa dentro da frecuencia convencional de FM e resulta especialmente útil durante a memorización das emisoras.
Os técnicos de CONSUMER reproduciron dentro dunha campá de baleiro un CD cun ton de 1 kHz en cada microcadea, primeiro a volume medio e logo ó máximo, e compararon o resultado co que teoricamente debería soar, comprobando deste xeito a distorsión dos equipos. No nivel de volume medio todas foron moi ben valoradas (Thomson foi a única que quedou nun 'ben'), pero as maiores diferenzas atopáronse a volume máximo: Philips destacou moi positivamente (0,1% de distorsión), e Aiwa, Sony, JVC foron moi ben valoradas (todos elas menos dun 10%).
Kenwood (36,7%) e Sanyo (25,8%) non pasaron do 'aceptable, mentres que Samsung (61,8%) e Thomson (47,5%) foron valoradas como 'malas', aínda que cómpre ter en conta que practicamente nunca van funcionar a ese volume.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto