Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Unha empresa usuaria de Iberdrola sufriu danos na súa maquinaria debido a dous cortes, duns dez minutos cada un, na subministración eléctrica. Por estes danos e pola ganancia deixada de obter demandou á empresa. Alegaba Iberdrola que coas dúas breves interrupcións non se infrinxira a normativa regulamentaria de calidade e continuidade da subministración, e que se descoñecía a causa das interrupcións. En sentencia do 31 de xullo de 2003, a Audiencia de Castellón lembra que na interrupción na prestación do servizo de subministración de enerxía eléctrica, sempre que lle ocasione perdas e danos ó usuario, a empresa eléctrica ten a obriga de resarcir ese dano, salvo que se deba a un suposto de caso fortuíto ou de forza maior. Nesta ocasión a interrupción do servizo foi por unha avaría, da que non se coñece a causa, e, xa que logo, non podía ser un caso fortuíto ou de forza maior. E di a Audiencia que o Real Decreto 1955/00 recolle uns parámetros coas condicións mínimas de calidade que todo usuario ten dereito a recibir. Por todo iso, condena a Iberdrola a indemnizar a usuaria co importe dos danos ocasionados, pero non coa ganancia deixada de percibir, que non foi debidamente probada pola empresa.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI