Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Realizaron gastos coa súa tarxeta de crédito roubada e a entidade emisora negábase a devolvelos

 A titular dunha tarxeta de crédito presentou unha denuncia na Policía ó detectar que lla subtraeran xunto co DNI. Avisou á entidade emisora da tarxeta e, despois, ó comprobar que se realizaran cargos por algo máis de 800 euros, solicitoulle á devandita entidade a súa devolución. Amparándose nas cláusulas do contrato que dicían que a entidade soamente respondía das cantidades cargadas as 24 horas anteriores á comunicación da subtracción, a entidade negouse á devolución, polo que a usuaria acudiu ós tribunais. No xuízo sinalou a entidade que os cargos reclamados non foran realizados as 24 horas anteriores, e, ademais, alegaron que a usuaria se decatou da subtracción varios días despois. Ademais, consideraba que non debía responder polos establecementos onde se efectuou o gasto fraudulento se estes non realizaran as comprobacións oportunas. Pero a Audiencia das Illas Baleares non lle dá a razón e condénaa ó reembolso das cantidades e ó pagamento das custas. Di a Audiencia, en sentencia do 28 de maio de 2004, que a entidade non probara a neglixencia da titular da tarxeta, pois esta denunciou os feitos tan axiña como os detectou; e, ademais, que o titular dunha tarxeta agarda dos establecementos comerciais que comproben a autenticidade da sinatura e que soliciten o DNI.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto