Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Foi incluído nun ficheiro de morosos sen cumprir os requisitos para poder facelo

En maio de 1998, unha entidade bancaria incluíu a un cliente nun ficheiro de morosos; supostamente debíalle ó banco 821 euros. O usuario, amais de exercer o seu dereito á cancelación, denunciou os feitos ante a Axencia Española de Protección de Datos, alegando que non adebedaba cantidade ningunha e que non fora requirido polo banco ó pagamento previamente á súa inclusión no ficheiro. Aínda que a Axencia non é competente para determinar a existencia ou non da débeda, sinala, en resolución do 12 de maio do 2004, que o banco incumprira un dos requisitos que esixen as normas para rexistrar os datos persoais nun ficheiro desta natureza: o requirimento previo do pagamento. Segundo a Axencia, isto implica que se produciu unha inclusión indebida de datos persoais nun ficheiro que lles presta información a terceiros, polo que o banco incorreu nunha infracción grave e sanciónao cunha multa de 60.101 euros. Lembra a Axencia que a inclusión de datos en rexistros de morosos só se pode efectuar cando se cumpran dous requisitos: un, a existencia previa dunha débeda certa, vencida e esixible, que non fora pagada; e dous, o requirimento previo de pagamento ó usuario que adebeda a cantidade.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto