Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.
Hai dous meses fun a un centro de beleza para quitar a peluxe do queixo con depilación eléctrica. Eu xa me depilara noutra cidade mediante esta técnica e logrei bos resultados. Cando acudín ó segundo centro convencéronme para que a aplicase tamén na zona do labio superior. O tratamento orixinoume unhas manchas na pel moi feas que non me permiten saír á rúa sen maquillar esta zona, xa que fan unha sombra semellante a un bigote. Funlles reclamar unha solución para o meu problema e respondéronme que a culpa era miña por acudir tantas veces a depilarme. Gustaríame saber se teñen algunha responsabilidade neste caso.
Segundo a Lei xeral para a defensa dos consumidores e usuarios (artigo 13), os bens e servizos postos á disposición dos consumidores e usuarios deben incorporar ou permitir de modo certo e obxectivo unha información veraz, eficaz e abonda sobre as súas características esenciais. Fundamentalmente, sobre o prezo completo e indicacións para o seu correcto uso ou consumo, amais de advertencias e riscos previsibles. Isto significa que se ten dereito a solicitar un orzamento previo e información sobre o tratamento que se vai seguir, periodicidade aconsellable das sesións, expectativas de resultado e, sobre todo, riscos do tratamento, entre os que estarían, dependendo da pel de cada persoa, a posibilidade de riscos pigmentarios. Se, coma neste caso, unha persoa ten a pel da zona que vai depilar especialmente delicada, os responsables e empregados do establecemento deberían ter en conta este dato. Amais de informaren sobre os riscos xerais das peles delicadas, sería recomendable realizar un ensaio previo e, en todo caso, aconsellar o cliente sobre a periodicidade das sesións apropiada para esa pel.
Neste caso convén acudir a un médico dermatólogo que diagnostique as manchas na pel e os tratamentos sanitarios que poida haber para eliminar ou polo menos para reducir o efecto antiestético e recuperar a pel afectada. Hai que se informar por escrito do custo do tratamento, do tempo aproximado de duración e dos riscos e resultados que poida chegar a obter. Con estes datos, reclamaríaselle ó centro de estética mediante burofax certificado con xustificante de recibimento. Se non se acada un acordo, cumprirá reclamar ante os tribunais para obter o resarcimento das perdas e danos que se causaran e que se poidan acreditar.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI