Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Vendeu a vivenda antiga pensando que lle darían a nova na data acordada

Merquei unha vivenda de nova construción. No contrato reflíctese a data de entrega, que venceu sen que a cumprisen. Tiven que vender a miña casa anterior para pagar a nova, recibindo un sinal por parte do comprador de 3000 euros, co compromiso de abandonar a miña vivenda o vindeiro mes. Podo desfacer a venda da miña casa, sen ter que indemnizar o comprador, alegando que tampouco a min me entregaron na súa data a que merquei nova? No caso de ter que indemnizar o comprador da miña vivenda antiga, pódolle esixir ó promotor a mesma indemnización que se cadra teño que pagar eu?

 A data de entrega débese cumprir en ambos os contratos, e non se pode deixar ó arbitrio do vendedor. Sobre a primeira pregunta, se se pode ou non resolver o contrato de compravenda da vivenda actual sen indemnizar o comprador, entendemos que a resposta é negativa. Desde o momento da sinatura do contrato as dúas partes obrigáronse ó seu cumprimento, é dicir, á entrega da vivenda e ó pagamento do resto do prezo. Por iso, o comprador poder requirir o estrito cumprimento do contrato. Cunha salvedade: se no contrato se cualifica a cantidade xa abonada como arras penitenciais, o que faculta o vendedor a resolver o contrato sempre que as devolva duplicadas (e ó comprador a perdelas en caso de botarse para atrás). Outra posibilidade é alcanzar un acordo co comprador, por escrito, para ampliar o prazo de entrega da vivenda, quizais ofrecendo unha pequena indemnización, calculada en función dos meses de ampliación de prazo. Se non se alcanza un acordo co comprador da vivenda actual e tampouco se dispón da facultade de resolver o contrato devolvendo duplicada a cantidade recibida, e o comprador require a vivenda, cumprirá entregala ó asinar as escrituras, aínda que aínda non se dispoña da nova vivenda.

No tocante á segunda pregunta, entendemos que as perdas e danos que se poidan sufrir polo atraso do construtor se poden reclamar (artigo 1100 do Código Civil), ben sexa en concepto de indemnización ou polas rendas de alugueiro que se visen obrigados a pagar. En caso de se reclamaren nun xuízo haberá que formular que o atraso na entrega se debe á culpa ou á neglixencia do vendedor.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto