Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Medio natural

Λ

Nanotecnoloxía: O impacto da tecnoloxía en miniatura

  A nanotecnoloxía e as súas aplicacións están cada vez máis presentes na nosa vida cotiá, aínda que ata hai ben pouco se consideraban ciencia ficción. A medicina, a enxeñería, a informática, a mecánica, a física ou a química son só algunhas das disciplinas que xa se están beneficiando, ou que axiña o farán, das posibilidades que ofrece a nanotecnoloxía, que non é outra cousa que a rama da tecnoloxía que se ocupa da fabricación e do control de estruturas e máquinas de tamaño minúsculo, a escala nanométrica. Para comprender dun xeito máis doado as dimensións destas microscópicas medidas, dividamos un milímetro entre un millón e así situarémonos no mundo no que traballa a nanotecnoloxía.

As posibilidades que ofrece son múltiples e xa hai no mercado produtos aplicados na medicina e na cirurxía (constitúen o 21% dos negocios nanotecnolóxicos dos Estados Unidos), na informática (a potencia dos ordenadores aumentou e seguirao facendo), na alimentación (subministración de enerxía), na construción de edificios (cementos, pinturas especiais), nos cosméticos, nos tecidos téxtiles e nos sistemas para purificación e desalinización de auga. Para algúns científicos, a nanotecnoloxía é "comparable ó nacemento dos semicondutores electrónicos na década dos 50, ou ó do láser, nos 60", e as súas vantaxes, innumerables.

Afectará á natureza

Pero non todo son gabanzas para esta nova tecnoloxía. Os grupos contrarios a ela sosteñen que a súa incidencia ambiental é grande e sinalan como exemplos os danos causados a animais por avións supersónicos persoais voando baixo, ou o impacto da enerxía solar a grande escala, que ata podería modificar a actual luminosidade terrestre. Ademais, subliñan que materiais máis resistentes permitirían o desenvolvemento de máquinas moito máis grandes, capaces de escavar ou de estragar grandes áreas do planeta a un paso máis acelerado. Segundo estas organizacións, a nanotecnoloxía podería fomentar o uso de produtos diminutos, que poderían, á súa vez, converterse co tempo nun tipo de nanolixo que sería difícil de limpar e que podería causarlle problemas á saúde. Así e todo, para os defensores desta especialidade, co seu uso poderíanse erradicar os patóxenos, a contaminación no aire e na auga, e a fame no mundo, grazas á multiplicación de alimentos.

Nanobiotecnoloxía

  Para moitos investigadores o impacto máis importante das tecnoloxías a nanoescala podería resultar da fusión da nanotecnoloxía e a biotecnoloxía: crearíase unha nova disciplina a penas recoñecida, chamada nanobiotecnoloxía. Segundo o Grupo Acción sobre Erosión, Tecnoloxía e Concentración (ETC), "o escenario futuro máis probable é a fusión de materia viva e non viva. A partir desta unión fabricaranse organismos e produtos híbridos con formas e comportamentos impredicibles e incontrolables". Neste contexto, o Grupo ETC formula as seguintes preguntas: chegará a industria nanobiotecnolóxica a combater os nanobiorobots fóra de control do mesmo xeito en que a industria biotecnolóxica o fixo cos transxénicos?, converterase a contaminación xenética actual na "praga verde" de mañá?

Sen regulación polo momento

Aínda que se agarda que a nanotecnoloxía ocasione un forte impacto en sectores básicos como a alimentación, a agricultura e a saúde, non hai ningún organismo intergobernamental responsable de normalizala, nin estándares científicos internacionais para regular a investigación en laboratorios ou a introdución no mercado de nanoprodutos ou nanomateriais. Para o Grupo ETC, poucos gobernos do mundo están calculando as implicacións ambientais e para a saúde desta nova revolución industrial.

A día de hoxe, son escasos os estudos sobre o impacto dos nanomateriais na natureza e na saúde, polo que moitas preguntas non teñen resposta. Unha destas poucas análises é un informe especial da Royal Society e da Academia Real de Enxeñeiros británica, na que se advirte sobre os posibles riscos para a saúde humana e para o ambiente do uso desta nova tecnoloxía en miniatura. Este estudo afirma que "é fundamental que o sistema regulador sexa axustado e que as nanopartículas sexan avaliadas como novos químicos, tanto nas probas coma na etiquetaxe". Doutra banda, o informe recoñece que a maioría das áreas da nanotecnoloxía non resultan perigosas para a saúde, pero advirte de que algunhas nanopartículas de fábrica poden penetrar en zonas do corpo humano inaccesibles a partículas máis grandes. No tocante a aspectos ambientais, os investigadores británicos recomendan "que se prohiba a liberación no medio natural de grandes cantidades de nanopartículas ata que quede demostrado que hai máis beneficios ca riscos nesa actividade".

Artefactos de diminutas dimensións

Nanobomba: máquina experimental capaz de distinguir entre bacterias e células humanas. Unha vez seleccionado o seu branco, ataca a bacteria ata acabar con ela e respecta a célula humana.

Nanomotores: ilustran un exemplo de engrenaxe atómica realizada por ordenador.

Nanotransportadores: de grande eficacia á hora de transportar fármacos e ADN.

Fago T4: o seu deseño está inspirado nos virus, dando vida a unha máquina que ten a capacidade de colocar as súas patas sobre a superficie das bacterias e de inxectarlles ADN.

Nanolaboratorio: fronte ós laboratorios convencionais que ocupan amplas salas, poderanse deseñar auténticos centros de investigación do tamaño dun microchip.

Por que a defenden

No medio natural
A nanotecnoloxía lanzou novos produtos ambientais para previr a erosión e para limpar os lugares contaminados. Pódese, por exemplo, protexer a terra asolada mediante un compoñente que favorece a estabilización do solo. Hai un produto orgánico e biodegradable que experimenta reaccións electroquímicas a un nivel de catro nanómetros mesturado con auga. A reacción provoca que entre os silicatos do solo e os silicatos do produto se produza unha autoensamblaxe, formando un tipo de costra que permanece durante un ano. A costra prevén o arrastre da terra (erosión) e permite que xermolen e que enraícen as sementes mesturadas co produto.

Na saúde
A nanotecnoloxía enxerga unha nova ciencia que irrompe no campo da medicina. Baséase na creación de ordenadores microscópicos capaces de rastrexar os recunchos máis recónditos do organismo. O seu obxectivo inmediato é reparar lesións, ben sexan producidas por enfermidade, por accidente ou por avellentamento, pero tamén pode combater virus e bacterias ou destruír células cancerosas.
Polo de agora, a cirurxía máis punteira non consegue chegar ó nivel celular, pero a nanotecnoloxía ofrece revolucionarias posibilidades. Os seus artefactos moleculares están dirixidos por nanoordenadores e a través de sensores, programas e aparellos moleculares serán capaces de examinar e de reparar células. Estes minúsculos médicos robots entrarán polo torrente sanguíneo para rastrexar o organismo á procura de avarías con tamaños semellantes ó das bacterias e virus. E tralo recoñecemento polo miúdo, procederán á reparación celular.


Relacións deste contido

Descargar esta información en PDF

PDF: Fai clic aquí para Descargar esta información en PDF (218 Kb)

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto