Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Economía Doméstica

Λ

Leasing e renting: Interesantes en casos moi concretos

  O leasing e o renting son dúas modalidades de alugueiro de coches a longo prazo que cada vez se utilizan máis. Estas opcións están dirixidas, amais de a grandes e a medianas empresas, a autónomos e pequenos negocios familiares que, atraídos polas súas vantaxes fiscais e facilidades de pagamento, prefiren estas dúas solucións, que posibilitan un anovamento máis rápido dos vehículos de empresa. Con todo, convén precisar que moitos clientes do leasing son persoas ás que os bancos e caixas de aforro rexeitan e que se ven obrigados a optar polo leasing malia os seus xuros máis altos. Pola contra, o renting é unha opción máis apetecible para pequenos clientes que se inician no mundo empresarial e que non queren arriscar demasiado.

Leasing

Enténdese por leasing o alugueiro de vehículos -aínda que esta opción tamén se utiliza con bens inmobiliarios e de equipo- que á vez funciona como unha vía de financiamento, pois o vehículo alugado se pode acabar adquirindo. Ese é, precisamente, o principal atractivo desta fórmula financeira, regulada a través da Lei 26/1988: o investimento oriéntase á posesión final do vehículo. O cliente, como autónomo ou pequeno empresario, pagará mensualmente as cotas de arrendamento pola utilización do vehículo. Ó non haber un regulamento sobre estas cotas, determinarase entre ambas as partes: a empresa prestadora e a empresa familiar ou particular que desexa incorporar unha nova frota de furgonetas, ou substituír as que xa ten para desenvolver o seu labor como sociedade de reparto, por exemplo.

Este contrato de leasing, que normalmente esixe unha duración mínima de dous anos sen que se poida revogar, permite a opción de compra do vehículo así que remata o período de alugueiro, sempre que o arrendatario demostre que desenvolve unha actividade empresarial relacionada con estes bens. Polo tanto, cando o contrato está a piques de expirar, o cliente ten tres opcións: mercar o coche pagando a última cota de "valor residual", renovar o contrato de arrendamento ou non exercer a opción de compra e entregarlle o vehículo ó arrendador. Independentemente da elección do pequeno empresario, o leasing establece que o arrendador lle transmite ó seu cliente todos os riscos, dereitos e obrigas derivados da propiedade do vehículo alugado, polo que este último deberá correr con todos os gastos do coche durante o período de alugueiro, incluído o pagamento de impostos do vehículo, o seu seguro e os gastos de mantemento.

Malia estes inconvenientes, o leasing segue a ser unha das opcións máis solicitadas polas pequenas e medianas empresas, seducidas principalmente porque o seu financiamento é máis accesible ca un crédito bancario convencional (son menos estritos nas condicións para conceder o préstamo de alugueiro). Tamén é vantaxoso para os impostor: sen leasing, un camioneiro autónomo que merca un tráiler só poderá deducir dos seus ingresos o seu custo e unha porcentaxe (sobre o 10%) como amortización do tráiler. Pero ó financiar a compra con leasing, o alugueiro considérase como un gasto, polo que os beneficios se reducen con respecto ó primeiro caso: ó ter menos beneficios, pagará menos impostos. En caso de insolvencia, o titular dun contrato destas características pódese desfacer dos seus bens devolvéndollos á empresa arrendataria e cancelando o seu "préstamo" con ela. Todas estas operacións só se poden realizar a través das entidades bancarias comerciais: bancos de investimento, compañías financeiras ou compañías de leasing.

Renting

Trátase doutra modalidade de alugueiro a longo prazo, pero que non contempla a priori a opción de compra ó final do período contratado. Neste caso, o cliente busca, máis có investimento dun ben, a funcionalidade. O contrato entre a empresa arrendadora e o autónomo non ten por que se asinar nunha entidade bancaria comercial, senón que se pode realizar como calquera outra operación mercantil onde se especifiquen claramente as condicións de cada un, xa que, a diferenza do leasing, o renting non está regulado por lei.

O contrato desta modalidade establece que o pequeno empresario que aluga os seus vehículos para traballar queda exento de pagar os respectivos seguros de todo risco e asistencia en estrada, os impostos, o mantemento do coche e calquera avaría, obrigando ademais á sociedade arrendadora a facilitarlle outro vehículo en caso de accidente ou de desgaste do vehículo. A práctica habitual, rematado o contrato de arrendamento, é a súa renovación por outros dous anos sobre os mesmos vehículos ou outros máis actuais, sen opción de compra. En caso de que o autónomo desexe mercar estes vehículos, dependerá da boa vontade da empresa de renting a súa venda, xa que o contrato non inclúe esta posibilidade.

Fiscalmente trátase como un sistema de arrendamento e non de financiamento, e, xa que logo, as empresas que opten por esta modalidade beneficiaranse de todas as súas vantaxes: as cotas que cómpre pagar considéranse un gasto, incluíndo o IVE, polo que son deducibles na súa totalidade. Así, un autónomo poderá deducir na súa declaración do IRPF ata o 100% das cotas de renting, sempre que se demostre que o vehículo se emprega para a súa actividade empresarial. Ademais, tamén ten dereito á dedución do 50% do IVE soportado por operacións de renting. Para iso, cómpre que acredite a utilización do devandito vehículo no desenvolvemento da actividade profesional.

Que opción é máis interesante?

  • Se desexa realizar un investimento a longo prazo sen correr os riscos que supón a imposibilidade de pagar un crédito bancario e o embargo dos vehículos, debe optar polo leasing. O principal inconveniente radica en que os xuros adoitan ser superiores, dependendo do ben concreto que se alugue e da sociedade de leasing. Ademais, está obrigado a pagar todos os gastos de mantemento do vehículo. En caso de que traballe cos bens arrendados, o alugueiro considerarase un gasto, e así aparecerá na declaración da renda, polo que pode compensalo fiscalmente.
  • Cando o obxectivo dun autónomo ou dunha empresa é o de dispor de vehículos exclusivamente para traballar con eles, é preferible un contrato de renting, pois non se consideran un produto financeiro e, xa que logo, as cotas que cumprirá pagar serán máis baixas. Que a empresa ou sociedade de renting cubra todos os gastos dos vehículos e dos seus condutores supón un alivio para o pequeno empresario, pois se a súa conta de beneficios é negativa, non ten máis ca agardar a que expire o contrato de arrendamento e devolver todos os vehículos, sen temor a posibles embargos.
  • En ambos os contratos convén ler polo miúdo a letra pequena correspondente ó tempo exacto de duración do contrato, ás condicións extraordinarias que se contemplan en caso de que o cliente se queira dar de baixa antes do período estipulado e ó estado dos automóbiles, sobre todo nos contratos de leasing, que obrigan a que o titular do leasing pague calquera estrago.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto