Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Mercado de alugueiro: Unha opción moi pouco atraente

Mercado de alugueiro de vivenda: escaso, caro e arredado das necesidades dos cidadáns

Os novos seguros para o alugueiro

Ante o temor dalgúns propietarios a que os seus inquilinos non lles paguen, as compañías aseguradoras lanzaron ó mercado pólizas que cobren riscos de non pagamento dos alugueiros e de estragos que poidan causar os inquilinos.
Ademais, dentro das axudas (de ata 6000 euros) do plan para fomento do alugueiro do Ministerio de Vivenda, esíxese para a súa concesión a contratación destes seguros.

Entre as garantías que cobren estes seguros, as compañías ofrecen:

  • pagamento de ata 12 rendas mensuais de alugueiro cun importe máximo de 1400 -1500 euros/mes, unha vez que a sentencia de desafiúzo sexa efectiva;
  • compensación dos danos ante o posible estrago do inmoble por parte do inquilino;
  • compensación polo roubo de obxectos de ata 3000 euros;
  • en caso de desafiúzo, cobertura legal dun avogado especializado cun límite de gastos de ata 1000 euros, co fin de que o propietario recupere a súa vivenda o máis axiña posible, e
  • mellora das condicións da póliza no caso de que se contrate o seguro para un colectivo de alugueiros.

A prima ou custo destas pólizas de seguro de alugueiro oscila entre 180 e 200 euros anuais.

Consellos para alugar

  • Visitar a vivenda e comprobar que as nosas necesidades se van ver cubertas (tamaño do piso, emprazamento, estado, servizos da vivenda e do contorno, etc.).
  •  Formalizar un contrato escrito co arrendatario é beneficioso tanto para o propietario (terá certa protección xurídica en caso de non pagamento) coma para o inquilino (en caso de incumprimento poderá reclamar; ademais, beneficiarase das desgravacións fiscais).
  • Nos contratos legais é obrigatoria unha fianza, en metálico, que tamén adoita utilizarse nos acordos verbais. A fianza adoita equivaler a un mes de arrendamento, aínda que en ocasións os propietarios esixen máis dun mes de fianza ou mesmo un aval bancario.
  • Entre os dereitos de quen decide alugar unha vivenda destaca a obriga que ten o propietario de conservar e reparar a vivenda cando cumpra, non sendo que o estrago o causara o inquilino. Pola contra, este deberase facer cargo dos gastos derivados do uso habitual da vivenda.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto