Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Mercado de alugueiro: Unha opción moi pouco atraente

Mercado de alugueiro de vivenda: escaso, caro e arredado das necesidades dos cidadáns

Que acontece en Europa?

  O 83% das vivendas en España son propiedade dos seus usuarios, fronte ó 11% que están en alugueiro e o 6% restante, que corresponden a cesións gratuítas ou a baixo prezo. Estas cifras contrastan coas de países do noso contorno, como Alemaña (55% en réxime de alugueiro), Holanda (46%), Dinamarca (45%) e Austria (40%).

Así, mentres que a media de vivendas en alugueiro na UE era do 32% no 2002, en España esta cifra practicamente non chega ó 11%. Na UE, a existencia dun maior número de vivendas en alugueiro, de orixe tanto pública coma privada, permite que os cidadáns e familias con menores ingresos poidan acceder ó uso dunha vivenda.

A diferenza do que acontece en España, na UE o parque de vivendas en propiedade está orientado preferentemente ás familias máis acomodadas. Ademais, na maioría dos países europeos as administracións públicas incentivan a mobilidade laboral por parte, o que non acontece en España. Para a maioría de expertos, o réxime de propiedade da vivenda está estreitamente relacionado coa mobilidade laboral.

Este movemento da poboación faría aumentar a demanda de pisos en alugueiro, a Administración tería que darlle solución ó problema, aumentaría a oferta e o mercado dinamizaríase.

Por que preferimos mercar ca alugar?

As causas do problema da vivenda en alugueiro non están só na oferta, senón tamén na demanda: o desexo de posuír vivenda propia é determinante para a maioría das familias españolas. Vivir de alugueiro non gusta, prefírese pagar unha hipoteca e así, ós poucos, ir mercando o inmoble. E todo iso malia os altos prezos de venda da vivenda e da relativa inestabilidade laboral. A cada vez maior capacidade adquisitiva, xunto coa redución dos tipos de xuro nos créditos hipotecarios intensificaron aínda máis a "cultura da propiedade", contribuíu ó encarecemento da vivenda e prexudicou moito o desenvolvemento do mercado de alugueiro. Ademais, moitas das persoas que se decantan polo alugueiro contemplan esta modalidade de acceso á vivenda como algo temporal, e é que ninguén quere pagar indefinidamente (e aquí está o miolo da cuestión) grandes cantidades de cartos por algo que nunca vai ser seu. A oferta española de vivenda está orientada case exclusivamente cara á compra, situación que dificulta o acceso á mesma e que produce, á súa vez, unha gran rixidez no mercado. Un mercado de alugueiro máis dinámico e con maior parque de vivendas facilitaría o acceso á vivenda ós fogares de renda máis baixa e a mobilidade xeográfica dos traballadores.

Mozos e inmigrantes: difícil acceso á vivenda

En principio, a vía máis directa para que os mozos accedan a unha vivenda, pola súa sinxeleza e polo escaso nivel de compromiso financeiro que representa, é a do alugueiro. Así e todo, os prezos de entrada neste mercado, que inclúen seguro, fianza e mensualidades por anticipado, engadidos ó contraste entre demanda forte e oferta escasa, propician a exclusión da xente nova neste ámbito do alugueiro. Ademais, este segmento da poboación é visto polos propietarios como inquilinos de risco elevado. En España, a falta de vivendas de alugueiro frea a mobilidade dos mozos que buscan traballo e obriga as parellas novas a facerse propietarios. As parellas novas teñen que garantir dous salarios para poder mercar un piso. Xa que logo, é máis doado que queden na casa dos pais por máis tempo ca noutros países e que retarden a súa emancipación ata os 30 anos ou ata que albisquen certa estabilidade laboral.

A situación dos inmigrantes é aínda peor. Mentres que un 85% dos españois posúe a súa vivenda en propiedade, esta cifra redúcese ó 28% entre os inmigrantes, co que máis de 7 de cada 10 inmigrantes en España viven de alugueiro. Máis diferenzas: un 61% dos españois propietarios de vivenda téñena totalmente pagada, mentres que tan só un 45% dos inmigrantes propietarios de vivendas a teñen xa pagada. O acceso en propiedade á vivenda libre para os inmigrantes está aínda máis restrinxido, debido ós seus altos prezos e ós habitualmente menores ingresos destes cidadáns, polo que deben optar polo alugueiro.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto