Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Reclamacións por produtos e servizos: Respectar os prazos, primeira condición

Garantía de bens inmobles

Motivos para reclamar: o ben está defectuoso.
Prazo:  dous anos para bens novos e un ano para produtos de segunda mano (este é o prazo para reclamarlle ó vendedor o cumprimento das garantías dos bens). Se hai que acudir a xuízo para denunciar que o fabricante non cubriu as garantías, o prazo é de tres anos desde a data de compra do produto defectuoso.
Observacións: a partir dos seis meses desde a adquisición do ben correspóndelle ó consumidor a obriga de probar que o vicio existía ó mercalo, o que dificulta moito a reclamación. Consello: solicite o cumprimento da garantía o máis axiña posible.

Aproveitamento por quendas de bens inmobles (multipropiedade)

Motivos para reclamar: cambio de opinión do consumidor, deficiencias contractuais ou de información...
Prazo: 10 días para desistir do contrato asinado sen alegar ningún motivo. Tres meses para resolver o contrato por deficiencias contractuais e/ou informativas. Catro anos para anular o contrato en xuízo, se o consumidor non foi informado correctamente sobre o que estaba adquirindo.
Observacións: as notificacións débense facer mediante carta certificada, burofax, telegrama ou notificación notarial, indicando, cando corresponda, as irregularidades ou defectos detectados.

Enganos e manipulacións na sinatura de contrato

Motivos para reclamar: a sinatura dun contrato por erro ou mediante enganos.
Prazo: catro anos para acudir a xuízo desde a sinatura do contrato.
Observacións: pódese solicitar a nulidade dun contrato por erro, dolo ou engano, inducidos no consumidor polo vendedor.
Onde reclamar: ante a propia empresa ou establecemento, na OMIC da súa cidade, na Dirección Xeral de Consumo da súa Comunidade Autónoma ou no Instituto Nacional de Consumo, nesa orde.

Vendas a distancia (teléfono, Internet)

Motivos para reclamar: o ben non é do agrado do comprador.
Prazo: sete días para devolver o produto desde a súa recepción, sen alegar ningunha causa (coñécese como desistencia). Cuestión distinta é que o produto sexa defectuoso, nese caso poderase reclamar en base á garantía, cos prazos aplicables segundo esta.
Observacións: quedan excluídos os contratos de subministración de bens confeccionados segundo as especificacións do consumidor, personalizados ou que, pola súa natureza, non poidan ser devoltos ou que se poidan deteriorar ou caducar con rapidez. Tamén as gravacións sonoras ou de vídeo, de discos e de programas informáticos que foran desprecintados polo consumidor; a prensa diaria, publicacións periódicas e revistas, e os bens co prezo suxeito a flutuacións de coeficientes do mercado financeiro que o vendedor non poida controlar. Ademais, o comprador poder resolver o contrato no prazo de tres meses a contar desde a data de entrega do produto se xunto con este non recibe toda a documentación referente a garantías, servizo posvenda, identificación do vendedor, condicións de rescisión do contrato, etc. Se a información se facilita durante ese prazo de tres meses, o período de sete días hábiles para a desistencia comezará a correr desde que se dispón de toda a información.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto