Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Tixolas antiadherentes: O material é fundamental

As máis caras son mellores, pero hainas excelentes con prezos comedidos

Unha por unha, 8 tixolas antiadherentes

TEFAL AMBIENCE

  •   13,74 euros.
  • Calidade global: 9,2 puntos.
  • A mellor relación calidade-prezo de toda a análise. De aluminio. Non indica o período de garantía. Cun indicador de temperatura no fondo da tixola que se torna completamente vermello cando a tixola está quente. Supera todas as probas. A aptitude do seu recubrimento antiadherente é só aceptable.

TEFAL INDUCTION

  •   29,39 euros, a máis cara.
  • Calidade global: 10 puntos, a mellor.
  • A mellor opción entre as de aceiro inoxidable. Non indica o período de garantía. Obtén a máxima puntuación en todas as probas realizadas.

FASGA MULTICOLOR

  • 9,93 euros, barata.
  •  Calidade global: 8,5 puntos.
  • A mellor opción das de aceiro non aliado (esmaltado vitrificado). Non ofrece os dous anos mínimos de garantía obrigatoria. Non supera a proba de 'planitude do fondo' (ó remate do ensaio o seu fondo vólvese convexo). A aptitude do seu antiadherente é só aceptable.

BALLARINI MEDITERRÁNEA

  •   17,92 euros.
  • Calidade global: 9,2 puntos.
  • De aluminio (esmaltado e vitrificado). Non ofrece os dous anos mínimos de garantía obrigatoria. Supera todas as probas. A aptitude do seu antiadherente é satisfactoria.

MAGEFESA EXCALIBUR

  •   22,07 euros.
  • Calidade global: 9,2 puntos.
  • De aceiro inoxidable. Non ofrece os dous anos mínimos de garantía obrigatoria nin loce o símbolo de "Apto para o uso alimentario". Non supera a proba de "planitude do fondo" (ó remate do ensaio o seu fondo vólvese cóncavo). A aptitude do seu antiadherente é satisfactoria.

PERFECTO GOURMET

  •   11 euros.
  • Calidade global: 8,1 puntos.
  • De aceiro (esmaltado). Non ofrece os dous anos mínimos de garantía obrigatoria. Non supera a proba de "planitude do fondo" (ó remate do ensaio o seu fondo vólvese convexo). A aptitude do seu antiadherente é só aceptable.

MAGEFESA DANUBIO

  •   9,27 euros, a máis barata.
  • Calidade global: 7,7 puntos.
  • De aceiro non aliado (vitrificado). Non ofrece os dous anos mínimos de garantía obrigatoria. Non supera a proba de "planitude do fondo" (ó remate do ensaio o seu fondo vólvese convexo). A aptitude do seu antiadherente é satisfactoria, pero tanto o recubrimento do fondo coma o da parede lateral son os máis finos do comparativo.

TAURUS ACTIVA

  •   11,50 euros
  • Calidade global: 7,7 puntos.
  • De aluminio. Non ofrece os dous anos mínimos de garantía obrigatoria. Non supera a proba de "aptitude do fondo" (ó remate do ensaio o seu fondo vólvese cóncavo). A asa falla na proba de resistencia á torsión. A aptitude do seu antiadherente é só aceptable.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto