Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

A promotora non incluíu a terceira cancha de tenis que ofertara para a urbanización

 Unha promotora inmobiliaria imprimiu uns folletos de publicidade onde se ofertaban vivendas nunha urbanización con tres pistas de tenis, que se incluían na memoria do proxecto de execución realizado polo arquitecto. Pero cando a promotora outorgou a escritura de declaración de obra nova non incluíu a terceira cancha de tenis, senón que a mantivo á parte e lla vendeu a unha terceira empresa. Os compradores demandaron a promotora e a empresa adquirinte da cancha, e reclamaron esta como elemento común da urbanización. As empresas demandadas alegaban que na escritura pública se expresaba que os compradores renunciaban á cancha. O Supremo, en sentencia do 23 de maio de 2003, consideraba que non se podía aceptar que os consumidores tivesen coñecemento da renuncia que efectuaban, pois a escritura non fora obxecto de inscrición, polo que faltaba o requisito da publicidade, nin se informara ós adquirintes. Ademais, a renuncia de dereitos debe ser expresa, e non se pode dar valor á escritura pública que pretendían as demandadas. Por iso, a cancha de tenis forma parte da compravenda e é elemento común da comunidade de propietarios.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto