Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Utilizan a zona de tomar o sol da piscina para preparar comidas

Teño un apartamento cunha piscina comunitaria. Algúns veciños utilizan a zona anexa para facer paellas, comer e cear nun espazo que, en teoría, estaría dedicado a tomar o sol. Esta práctica estendeuse mesmo á zona axardinada, e son varios os que baixan a paelleira e fan a súa comida. Enchen de fume e cheiros a comunidade, comen alí e non respectan a hora da sesta nin do sono nocturno. Pódeno facer con total impunidade ou existe algunha norma para impedilo?

  As máis das Comunidades Autónomas regularon con normativa propia as condicións hixiénico-sanitarias das piscinas de uso colectivo. Dependendo da Comunidade Autónoma, esta normativa aplícase, ou non, ás piscinas de comunidades de propietarios, aínda que en bastantes casos só afecta a aquelas de máis de vinte veciños. Suxerimos solicitar no Departamento de Sanidade a norma aplicable ó réxime hixiénico sanitario de piscinas de uso colectivo e os criterios de aplicación ás comunidades de propietarios. Ademais, hai que consultar o título da comunidade para comprobar a existencia de normas de uso dos elementos comúns.

De modo orientativo, as normas autonómicas obrigan a dispor dun regulamento de réxime interior que debe estar exposto á entrada do recinto da piscina de xeito visible. E o seu contido mínimo sería o relativo a: aforo máximo de utilización simultánea das instalacións; obrigatoriedade da ducha antes da inmersión na auga; recomendación de uso de gorro de baño e chancletas; prohibición de entrada na zona de baño de persoas que padezan enfermidades de fácil transmisión por contacto directo ou indirecto por medio da auga; prohibición de entrada en zona de baño vestido con roupa ou con calzado de rúa; prohibición de entrada de animais, e mais de comer, beber e fumar na zona de baño reservada a bañistas; prohibición de abandonar refugallos debendo utilizarse as papeleiras e recomendación de que os nenos accedan ós vasos non infantís acompañados. Aconsellamos solicitarlle ó administrador -e ó presidente- que se convoque unha Xunta de Propietarios para aprobar por maioría as normas de réxime interior da comunidade, polo menos, no tocante ás zonas verdes e piscina.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto