Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

EDICIÓN IMPRESA.
Outubro 2004

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Debe ingresar un pai separado a cota de manutención do fillo nas vacacións que pasa con el?

Estou separado desde o ano 2001 e teño un neno de 7 anos coa patria potestade compartida. Eu pago a manutención mensual. Este mes e medio que teño o neno débolle ingresar a cota á nai? Xa que, por lóxica, non o debería facer porque ese mes os gastos do neno corren pola miña conta, pero non sei se é legal xa que a sentencia non o reflicte.

 Nunha separación ou divorcio a garda e custodia dos fillos menores concédeselle a un dos proxenitores, de xeito que o outro ten un dereito, o deber de visita. En bastantes ocasións, e no que se refire ás vacacións dos menores, este dereito de visita concrétase en que estes pasen co proxenitor non custodio a metade de tales períodos. De aí vén a cuestión de se durante ese tempo de vacacións, en que os menores están co proxenitor, este debe ou non pagar a pensión de alimentos, pois durante ese período el os alimenta. Para dar unha resposta a esta cuestión, cómpre ter en conta que os alimentos legais van moito máis alá do gasto cotián ou mensual da alimentación estrita. A pensión de alimentos cubre máis necesidades cá dos gastos que a cotío poida xerar o fillo nas súas vacacións; hai outros gastos de periodicidade anual ou polo menos de periodicidade superior á mensual. Así, o Código Civil (artigo 142) sinala que se entende por alimentos todo o que é indispensable para o sustento, habitación, vestido, educación e asistencia médica, partidas a miúdo alleas ós sustentos das vacacións. Doutra banda, a fixación do importe desta pensión parte da ponderación dos ingresos anuais do proxenitor obrigado e dos gastos ou conceptos con carácter anual, de xeito que unha vez fixada a pensión, acórdase o seu pagamento mensual. Suxerimos que se consulte co avogado que defendeu os intereses na separación. En calquera caso, os intereses dos menores priman sobre os dos pais, polo que a maioría dos tribunais rexeitan estas pretensións ó tratar de interpretar as normas do modo máis favorable ó fillo.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto