Saltar o menú de navegación e ir ao contido
O 70% dos fogares españois recorre a produtos conxelados unha vez á semana, e o 38% faino máis de tres veces. Así o recolle o recente "Estudo sobre os hábitos de consumo dos alimentos conxelados en España", realizado pola Sociedade Española de Dietética e Ciencias da Alimentación (SEDCA), pola Confederación Española de Consumidores e Usuarios (CECU) e polos 14 principais fabricantes de conxelados envasados.
A falta de tempo e a pouca afección para cociñar, e maila comodidade e a rapidez que supón preparar estes produtos, son algunhas das razóns que se esgrimen para xustificar o seu uso. Pero o certo é que estes produtos non son os máis indicados para seren consumidos decote. A clave: introducilos na dieta de maneira ocasional e non como base dela.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI