Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Sistemas de descanso: Unha elección moi persoal

Un equipo de descanso debe combinar os elementos que o forman da maneira máis indicada para quen vaia descansar sobre el

  Un terzo da nosa vida transcorre durante o sono, que debe ser reparador para que nos axude a recuperarnos dos esforzos diúrnos. Elixir un bo sistema de descanso convértese, xa que logo, nunha cuestión prioritaria. Segundo un informe de EBIA (European Bedding Industries' Association), España é o país europeo no que máis se alonga a duración dos equipos de descanso. O 20% dos españois cre que un colchón se pode usar durante 20 anos, polo que somos quen o cambiamos menos a miúdo: facémolo cada 12,6 anos de media, e, para o 68% dos entrevistados, a renovación prodúcese unicamente cando o desgaste, as roturas e a alteración da forma son evidentes. Por diante sitúanse Bélxica e Italia, onde se substitúen os colchóns cunha periodicidade de 11,7 e 11,5 anos, e á cabeza desta particular clasificación atópanse Holanda e Austria, onde a substitución se realiza cada 9,6 e 8,2 anos, respectivamente.

No tocante ó tipo de colchón que convén adquirir, un estudo de Fundación Kovacs concluíu, en contra da crenza popular, que os colchóns duros non melloran a dor lumbar das persoas que a padecen. Fronte a estes colchóns, desde a Fundación recomendan os de dureza intermedia, xa que melloran en 2,4 veces máis a evolución da dor na cama ca un colchón moi duro. Segundo os resultados, só o feito de cambiar de colchón supuxo unha mellora no control da dor de costas en todos os pacientes e preto do 40% puido abandonar os fármacos -en moitos casos analxésicos- que tomaba para aliviar os síntomas.

Tratándose de colchóns, non sempre se considera a importancia que estes produtos teñen na vida cotiá, de xeito que a elección se basea decote exclusivamente en elementos como o prezo ou no que a publicidade induce. Pero a elección do equipo de descanso é algo moi persoal. Para saber cal é o mellor en cada caso, é preciso xulgar como se dorme e, sobre todo, que sensacións se teñen ó erguerse. Se a resposta é incomodidade, se cadra é hora xa de cambiar de colchón.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto