Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Un consumidor contratou nunha axencia de viaxes unha viaxe combinada a Orlando (Estados Unidos) para el e maila súa filla, que incluía billetes de avión, aloxamento e servizo de cruceiro. Dúas horas antes da saída do avión, o usuario chamou á axencia dicindo que sufriran un accidente de tráfico que lles impedía viaxar. A axencia de viaxes reclamoulle ó consumidor o pagamento do 100% do prezo da viaxe, ó que este se negou, polo que axencia acudiu a xuízo e ganou en primeira instancia. Así e todo, o consumidor apelou, considerando que conforme á lei só estaba obrigado a pagar o 25% do prezo da viaxe. E a Audiencia das Illes Balears, en sentencia do 25 de setembro do 2003, deulle a razón. Segundo a Audiencia, a Lei reguladora das viaxes combinadas sinala que o consumidor poderá desistir dos servizos contratados e que terá dereito á devolución das cantidades entregadas. Pero deberá indemnizar ó organizador co 25% do importe se desiste dentro as corenta e oito horas anteriores á saída, e estará obrigado a pagar todo o importe de non presentarse á saída. Como o desistimento se efectuou dúas horas antes da saída do avión, conclúe que a penalización legalmente prevista para este caso é do 25% e non do 100%.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI