Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Múltiples problemas nunhas vivendas novas

Merquei un piso de nova obra, pero desde o comezo hai unha chea de problemas no edificio: non podemos usar os garaxes; aínda non dispomos de ascensor; as zonas comúns atópanse deterioradas; aínda non se formou a comunidade de veciños; en varias casas non hai portas interiores, xa que comezaron a cambialas hai seis meses e os carpinteiros non volveron aparecer. Non fago máis que chamar o promotor, que nunca dá a cara e asegura que é problema do construtor.

  Pódese solicitar información nos Servizos de Consumo do Concello ou da Comunidade Autónoma. Respecto ó feito de que o promotor non formou a comunidade de propietarios, é aconsellable que se comprobe no Rexistro da Propiedade que corresponda á finca a inscrición do título constitutivo do réxime de propiedade horizontal.

No tocante á edificación defectuosa en garaxes, ascensor, portas de vivendas e en elementos comúns, é conveniente un informe pericial que determine os defectos e obras que cómpre realizar co fin de requirirlles fidedignamente ó promotor e ó construtor a súa realización.
En caso de non acadar un acordo extraxudicial, o paso seguinte é acudir á vía xudicial. A responsabilidade de construtor, arquitecto, aparellador e, en xeral, de tódolos que interviñeron no proceso edificatorio é solidaria, non sendo que se dea determinado e individualizado pericialmente a concreta responsabilidade imputable a cada un deles. É importante que non se deixe transcorrer o tempo e que se lles comunique ós veciños, dado que conforme á Lei de Ordenación da Edificación, a garantía para algúns defectos é dun ano que conta desde a acta de recepción de obra, para outros é de tres anos e, para rematar, para os que afecten ós alicerces e á estrutura do edificio, de dez anos. A acta de recepción de obra debe estar incluída no Libro do Edificio. Se se ten algún problema ó respecto, hai que lle solicitar esta documentación ó promotor e consultar no Departamento de Vivenda / Urbanismo do Concello no que estea situada a vivenda. Para rematar, interesa máis que a reclamación a exercite o presidente da comunidade, polo que se se precisa axuda para a constitución dos órganos comunitarios, hai que solicitarlla a un avogado ou a un administrador de fincas.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto