Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Miscelánea

Λ

Dicionario na casa: O gusto por coñecer as palabras

  Un recente estudo realizado entre alumnos de Bacharelato sinalou que o uso de dicionarios estaba lonxe de ser unha práctica habitual para coñecer o significado de palabras, resolver as razóns etimolóxicas de termos ou asegurar a corrección ortográfica e gramatical. Puxo tamén de relevo que existía unha confusión xeneralizada entre os contidos que ofrecen un dicionario e unha enciclopedia, e un descoñecemento maior dos diferentes tipos de dicionarios que proliferan nas bibliografías. Así e todo e paradoxalmente, os dicionarios recibían unha alta cualificación como instrumentos útiles e fontes de saber, ó tempo que espertaban curiosidade e interese. A súa alta estima medrou coas posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías, pois as versións dixitais dos dicionarios resultan moi útiles, máis aínda porque as mellores compilacións ofrecen a miúdo versión on line, aínda que o dicionario mantén o seu sentido como volume de papel. O desembolso para adquirir un bo dicionario é alto, pero convén matizar: trátase dun investimento para longo tempo, de contidos que non caducan e dunha ferramenta de utilidade, sen dúbida, múltiple.

  Aínda que é o mundo anglosaxón, sobre todo o británico, o máis prolífico en agrupar a fala e ordenala segundo diferentes criterios, o español conta con ducias de libros que recollen e explican de xeito ordenado palabras baixo diferentes criterios. Tantas posibilidades poden chegar a abafar a quen desexa, sen ter aspiracións filolóxicas, contar cun bo dicionario.

Dicionarios de uso

O dicionario básico é o denominado dicionario de uso, é dicir, o que recompila as palabras da lingua e os seus significados, ou, segundo a definición do escritor Millás, o que é consecuencia lóxica da relación do mundo (lingüístico) coa realidade.

De maneira case unánime, recoméndase o Diccionario del uso del español de María Moliner. Esta lexicógrafa zaragozana comezou en 1952 a súa redacción, que culminou en 1966. Son dous tomos, o primeiro de 1,446 páxinas e de 1.585 o segundo, considerados unha xoia das letras españolas. A segunda edición, obra póstuma da autora, saíu á luz en 1998. No 2000 editouse unha versión abreviada.

En 1996 publicouse un dicionario que acadou unha grande aceptación. Trátase de Clave. Diccionario de uso del español actual, realizado baixo a dirección de Concepción Maldonado. Trata tamén as normas de uso do español, a ortografía, a conxugación de verbos regulares e irregulares, diversos aspectos morfolóxicos e sintácticos e un amplo repertorio de figuras retóricas. Inclúe máis de 300.000 definicións e un manual de estilo para resolver dúbidas da linguaxe.

Desde que en 1912 Miguel de Toro e Gisbert rematou o Pequeño Larousse ilustrado, e en 1964 Ramón García Pelayo revisou o volume, este dicionario, que non enciclopedia, ofrece un máis ca correcto manual da lingua española, que está atento ás voces científicas, e técnicas, e sobre todo, inclúe numerosos americanismos.

Un diccionario que se agardou como se se tratase dunha novela foi o Diccionario del español actual de Manuel Seco publicado en 1999. Trátase de dous volumes que atenden á fala da lingua española en España. Acompáñase de numerosas citas, aínda que na edición abreviada do 2000 se suspenden, e dá cabida a neoloxismos e rexionalismos, e mais a palabras omitidas polo DRAE, por esquecemento, e mesmo termos espallados que se consideran incorrectos ou impropios, pero só se xa pasaron á linguaxe escrita.

Dicionarios escolares

Tódolos dicionarios deben adecuarse ás necesidades do usuario, e, sen dúbida, os estudantes de Primaria e do primeiro ciclo de Secundaria son un grupo que merecen especial atención. Así e todo, segundo o criterio maioritario de especialistas na lingua, os dicionarios escolares son unha materia pendente, pois moitos presentan erros de vulto, son arcaicos e mesmo máis dun, inconstitucionais se se atende a algunhas definicións racistas, sexistas e clasistas. O número de entradas non supera en moitos casos as 20.000 palabras e as definicións resultan en ocasións ridículas, non alcanzando a palabra e media por definición. Ademais, carecen de exemplos e existen desaxustes entre texto e ilustracións. Por iso é bastante difícil ofrecer unha relación que pague a pena, e enténdese o escaso interese que espertan entre os seus destinatarios, que aínda que carentes de idade, non o son de sentido. Tan só resultan de utilidade se se atende á súa manexabilidade, pois os bos dicionarios non son manuais que poidan ser comodamente transportados -polo seu enorme volume-, pero ben poden ser consultados na casa.

Dicionarios da RAE

Especial mención merecen os dicionarios elaborados pola Real Academia Española de la Lengua, unha institución fundada en 1713 co propósito de "fixar as voces e vocábulos da lingua castelá na súa maior propiedade, elegancia e pureza". Do Diccionario de la Lengua Española de la RAE sucedéronse 22 edicións, e na actualidade estase elaborando a vixésimo terceira. Elabórano, nun complexo proceso, o Pleno dos académicos, órgano encargado de tomar as decisións que afectan á modificación do Dicionario, en coordinación coas vinteúnha academias asociadas. Diríxese, fundamentalmente, a falantes que teñen como lingua materna o español, que atopan nel recursos abondos para descifrar as mensaxes que lles cheguen. Ó tratarse dun dicionario xeral de lingua, non pode rexistrar todo o léxico do español, senón que, por forza, deben contentarse con acoller unha selección do código verbal. En total, na última edición, a do 2001, rexistráronse máis de 87.000 voces e nesta revisión houbo unha revolución de cifras: engadíronse 11.425 artigos; suprimíronse 6.008, emendáronse 55.442, sumáronse 24.819 acepcións e suprimíronse 17.337. Tamén a RAE publicou en 1999 a súa última revisión do dicionario de ortografía, en 1994 a do dicionario de gramática e en 1996 o dicionario de refráns. A RAE rematou en 1996 un Dicionario escolar derivado da edición do xeral de 1992.

Outros dicionarios

Unha vez que xa se engadiu á biblioteca particular un bo dicionario de uso, a curiosidade que esperta o instrumento tan precioso como é a lingua pódese ver recompensada con diferentes tipos de obras.

  • Dicionarios etimolóxicos: os que facilitan información sobre a orixe das palabras dunha determinada lingua. Dous bos exemplos son o Diccionario de las Autoridades da RAE, e o Diccionario crítico y etimológico castellano e hispánico (1991) de José A. Pascual e Joan Coromines.
  • De sinónimos e antónimos: nestes dicionarios relaciónanse palabras de significado similar e oposto, para facilitar a elección destas ó redactar textos. O de Julio Casares, Diccionario ideológico de la lengua española, é todo un clásico. O título Diccionario razonado de sinónimos y antónimos obra de Zainqui, converteuse nun referente para os foráneos que aprenden español.
  • Especializados: estes dicionarios están dedicados a palabras ou termos que pertencen a un campo determinado como, por exemplo, informática, medicina, ciencia, abreviaturas, e proporcionan unha breve información sobre o significado de tales palabras ou termos.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto